Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 02 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comeza o prazo de inscripción para participar na sétima edición do torneo intermunicipal de fútbol sala
15 Octubre 2013 09:50
Os Concellos de Ares e Mugardos, a través das súas concellarías de Deportes, anuncian da apertura hoxe martes día 15 de outubro do prazo para inscribirse na sétima edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Inverno 2013-14, que como nas anteriores edicións disputarase nos vindeiros meses de novembro a maio nos pavillóns deportivos municipais de Ares e Mugardos. Dito prazo permanecerá aberto ata as dúas da tarde do venres 25 de outubro.
Como informaron dende o Concello de Ares, estableceuse un tope de 13 equipos, que serán apuntados por rigurosa orde de inscripción. As solicitudes de participación coa lista de xogadores será enviada obrigatoriamente por correo electrónico a deportes@mugardos.dicoruna.es ou de forma presencial nas dependencias administrativas de Deportes do Concello de Mugardos. Unha vez confirmada a participación no torneo, o equipo procederá a ingresar a inscrición no número de conta que se dará a tal efecto.
Para tomar parte neste torneo será condición indispensable ter os 18 anos cumpridos antes da disputa do primeiro partido no que se participe. A cota de participación por equipo será de 275 € (200€ de inscripción e 75 € de fianza que se devolverá a todos os equipos que rematen o campionato e non sufran ningunha sanción disciplinaria). Cada equipo terá un máximo de 12 xogadores/as inscritos/as, dos cales un máximo de seis poderán atoparse federados/as no deporte en cuestión. Os partidos xogaranse os xoves e venres, en horario comprendido entre as 19.30 e as 23.30 horas no pavillón deportivo municipal de Ares ou de Mugardos.
O sistema de competición será o de Liguilla previa na que xogarán todos contra todos, e despois haberá unha segunda fase na que os primeiros clasificados disputaranse o título mentres que os últimos xogarán os postos de consolación. Así mesmo, haberá trofeos para os catro primeiros clasificados ademais de catro vales en material deportivo de diversa contía para esos catro primeiros.
No caso da Liguilla de consolación, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados. Ademáis haberá distincións para o máximo goleador e o porteiro menos batido.
Para recibir máis información, os e as interesados/as poderán dirixirse aos Concellos de Ares e Mugardos, nomeadamente ás dependencias municipais de Deportes de ambos consistorios (Alianza Aresana en Ares e baixos do Concello en Mugardos), nos teléfonos 981448057 de Ares e 981470338.Ext3 de Mugardos, en horarios de 10 a 14 horas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares