Continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para as dúas prazas convocadas
17 Xaneiro 2008 13:43O Concello contratará a dúas persoas para facer fronte ás necesidades da área de Servizos Sociais, que dirixe a edil socialista Victoria Montenegro. En concreto, trátase dunha praza de técnico en intervención familiar, que suporá a prestación do programa de intervención familiar e centro de información á muller, e doutra de psicólogo, que asumirá a dirección do Centro de Información á Muller, atendendo ás necesidades e peculiaridades do servizo.
Nos dous casos, o contrato laboral é temporal, concretamente por un ano, que poderá ser prorrogado, aínda que no primeiro caso quedará condicionado á recepción da respectiva subvención.
As prazas xa foron convocadas, rematando o prazo o luns 21, no caso da praza do técnico en intervención familiar, o o xoves 24 de xaneiro, no do psicólogo. As persoas interesadas en consultar as bases ou en formalizar a súa solicitude deberán acudir ao rexistro xeral do Concello de Ares, situado na pranta baixa da Casa Consitorial –número 12 da avenida Saavedra Meneses-, en horario de oficina de luns a sábado (o sábado o rexistro abre de 9.00 a 13.00 horas).