Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde lembra ao presidente de Portos de Galicia a importancia de dotar ás instalacións locais dun travel-lift para as embarcacións do Náutico e da Confraría
05 Setembro 2013 09:25
ImaxeImaxe
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto cos responsables do Club Náutico, aproveitaron a visita desta mañá do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para poñer enriba da mesa, unha vez máis, algunhas das principais reivindicacións desta entidade e da Confraría de Pescadores local, que irían en claro beneficio do conxunto dos usuarios das instalacións portuarias do municipio.
A colocación do travel-lift para barcos de 80 toneladas, como destacou o rexedor socialista, resulta fundamental. Esta infraestrutura, como xa se dera conta en anteriores ocasións, daría servizo ás embarcacións do pósito e do Náutico e suporía un importante revulsivo para esta zona no eido da náutica deportiva e da pesca. Dase a circunstancia, ademais, de que o Goberno autonómico socialista deixara lista a mariña seca e o foso para esta elevadora de embarcacións, polo que unicamente restaría a súa colocación. Como indicou Iglesias, trátase agora de acadar a implicación da Consellería do Mar, departamento ao que neste mandato está adscrito o ente Portos de Galicia, e que xa financiou elevadores similares noutros portos da comunidade grazas a uns fondos europeos artellados para eses fins.
A renovación das cámaras de seguridade é outra das reclamacións plantexadas esta mañá no encontro con José Juan Durán, ademais da necesidade de ampliar o porto con dous novos pantaláns para as embarcacións pequenas. De feito, o Club Náutico conta cunha lista de espera de arredor de 20 embarcacións de 6 a 8 metros, polo que esta actuación suporía dar resposta a estas persoas que agardan por contar cun espazo no que deixar os seus barcos de recreo.
Na actualidade, estanse a executar as obras de canalización eléctrica ao porto de Ares, unha actuación que supón un investimento de algo máis de 40.000 euros e consiste na instalación da infraestrutura elécrica para incrementar a potencia –necesaria sobre todo na nave de departamentos, que conta, entre outras, cunha máquina de xeo- e da teléfonica para garantir o tránsito de datos dos usuarios das instalacións. Segundo informaron os técnicos de Portos, a colocación de cableado que dará estes servizos levarase a cabo o vindeiro ano, unha vez que quede rematada esta primeira fase.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares