Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Alcalde e o Presidente do Club Náutico de Ares recibiron ao veleiro Laion que cada ano COGAMI bota a navegar para rachar coas barreiras mariñas
03 Setembro 2013 09:36
ImaxeImaxeImaxe
Un grupo formado por oito persoas con discapacidade, todas elas usuarias da oficina que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Ferrol, embarcaron no veleiro Laion para realizar unha travesía pola ría, onde tiveron a oportunidade de aprender nocións básicas sobre a navegación a vela, a realización de nós mariñeiros e o manexo do temón.

Tras dúas horas e media de travesía, á chegada ao club, o grupo e a tripulación do veleiro foron recibidos polo Alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, o Presidente do Club Náutico de Ares, Cayetano Galán, e o Presidente da Federación COGAMI-Coruña, Ramón Sestayo. Tras manter unhas conversas coas persoas usuarias que lle achegaron as súas experiencias durante a navegación, os convidados realizaron unha visita ao interior da embarcación para asinar no libro de visitas.

A navegación do Laion forma parte do Proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada) que organiza cada verán a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña (COGAMI Coruña), entidade membro de COGAMI e que ten en garda e custodia o veleiro dende o ano 2002, cando a Audiencia Nacional llo requisou ao narcotráfico.

O Laion, de 13 metros de eslora, ten capacidade máxima para 9 persoas: 2 tripulantes, 5 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes. A tripulación do Laion está formada por persoas voluntarias que ceden desinteresadamente o seu tempo libre para participar neste proxecto.

A embarcación conta con adaptacións para facer practicable a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador, permitindo a gobernación do barco a calquera persoa.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares