Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello executa a construcción do novo centro de maiores no baixo do antigo consistorio
29 Agosto 2013 14:19
ImaxeImaxeImaxe
Primeiro foi a rehabilitación da Casa do Patín para convertila na Casa da Xuventude, despois a reforma da praza da Constitución, que se convertiu nun espazo de xogo e esparcimento para pequenos e maiores, e agora tócalle o turno ao outro edificio público que se atopa neste entorno: o antigo Consistorio. Na actualidade, o equipo do socialista Julio Iglesias atópase en fase de execución da primeira fase deste proxecto: o de convertir o baixo nun Centro de Maiores.
A empresa Construcciones y Reformas Villa Rodríguez encárgase da realización dos traballos, que estarán rematados a finais do vindeiro mes se setembro.
Esta actuación resposta á necesidade de trasladar dito centro do lugar no que se atopa ata estes momentos a outro punto da vila moito máis céntrico e, polo tanto, accesible para as persoas maiores do pobo.
A intervención resposta a un convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación, que aportará 40.000 dos 52.133,60 euros da mesma. Segundo o proxecto, neste baixo, que ten 142,20 metros cadrados de superficie construida, incluido o patio, e case 120 de superficie útil, contempla unha ampla zona de lecer e esparcimento con sofás a mesas, un almacén e dous aseos –un deles adaptado-. O centro de maiores será accesible para que todos os usuarios e usuarias poidan facer usa das instalacións municipais.
O proxecto de reforma do antigo concello contempla dúas fases máis. Así as cousas, a segunda está deseñada para albergar no primeiro andar un centro de comerciantes –para iso, solicitouse unha subvención á Consellería de Industria e Comercio-, que inclúe tres despachos de seis metros cadrados cada un, dúas salas de reunións –unha de 23 metros e outra de 14-, un distribuidor de case 35 metros cadrados e un aseo.
Finalmente, a terceira fase é para a reforma do segundo andar. Neste caso, o goberno local pretende convertir este espazo nun centro cívico, con tres despachos e unha sala de 32 metros cadrados. Un distribuidor de 28 metros cadrados, un baño e un área para acoller unha radio municipal completan este andar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares