Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os cadros que concurran ao concurso de pintura Manuel Rebón-Concello de Ares poderán presentarse no CIRS de Cervás entre os días 3 e 12 de setembro
27 Agosto 2013 13:41
O prazo de presentación das obras –unha por autor- que concurran ao VII Concurso de Pintura Manuel Rebón-Concello de Ares será do 3 ao 12 de setembro no CIRS de Cervás, en horario de sete a nove da tarde, de luns a venres, e de doce a dúas e de sete a nove, os sábados e domingos. Así o lembrou o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, que informou de que os cadros presentados deberán ir asinados co nome do autor ou autora, figurando na parte de atrás o nome completo, enderezo, número de teléfono, DNI, data de execución da obra e o seu título.
O edil socialista destacou que se trata dunha iniciativa que xa está consolidada e que conta cun prestixio que o grupo de goberno quere manter. Boa proba diso é que nesta ocasión, e malia a crise, o Concello fixo un esforzo e incrementará lixeiramente a contía do premio, que pasará de 900 a 1.200 euros.
Fernández Lago, así mesmo, confiou en seguir contando, como nas últimas edicións, con artistas de toda Galicia, que lle deron a este certamen unha enorme cualidade e xa é un referente a nivel autonómico (o premio vai dirixido para maiores de idade nacidos e residentes en Galicia).
Os premios -un de 1.200 euros e outro de 300 para o mellor pintor local, ademais de dous accésits- fallaranse o día 14 de setembro por parte dun xurado integrado por persoas vencelladas ao mundo da cultura. Un día despois, e como xa ven sendo habitual, inaugurarase unha exposición no CIRS, que estará aberta entre o 15 e o 28 de setembro, data na que ademais da clausura da mostra procederase á entrega de premios, nomeadamente ás oito da tarde.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares