Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares colabora un ano máis na VI Bandeira de Traiñeiras do Clube de Remo
13 Agosto 2013 12:56
O porto de Ares acollerá o sábado, día 17, a partires das seis da tarde, a Sexta Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares”, unha regata organizada polo Club de Remo local que, un ano máis, conta coa colaboración da administración municipal. Precisamente a esta colaboración referiuse o presidente da entidade, Germán Sánchez, no marco da rolda de prensa celebrada esta mañá na alcaldía, na que participaron o edil de Deportes José Juan Vilar, o concelleiro do grupo de goberno e tenente alcalde José Eugenio Fernández, xunto coa concelleira Alma Barrón e o remeiro local Pedro Carro. Sánchez destacou a implicación do Concello con este deporte e, en concreto, con esta regata, xa que sen a súa axuda sería imposible o seu desenvolvemento.
A VI Bandeira de Traiñeiras “Concello de Ares” será a antepenúltima regata da división B da Liga Galega de Traiñeiras. No caso da regata de Ares, o presidente do Club de Remo informou de que participarán nove clubes, o que congregará na vila a centos de persoas durante a tarde do sábado.
En canto aos obxectivos ligueiros, Sánchez indicou que a embarcación local tratará de acadar o ascenso de categoría, cousa en que confían dado “o gran nivel dos remeiros”, manifestou o máximo responsable da entidade local.
A traiñeira que resulte gañadora durante o sábado recibirá a bandeira que esta mañá luciu na alcaldía durante a rolda de prensa. Ademais, repartiranse 6000 euros entre as nove traiñeiras participantes, determinándose a contía segundo a clasificación final.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes subliñou o compromiso do goberno local co deporte de Ares e, a este respecto, fixo fincapé nas políticas, non só de infraestruturas e de equipamentos, senón tamén de promoción do deporte de base e de axuda ás entidades locais para o desenvolvemento das diferentes modalidades, como remo- cunha importante implantación neste municipio-, a náutica, o fútbol ou a ximnasia rítmica, entre outros. Ademais, destacou que a organización de iniciativas como esta regata axudan notablemente a dar a coñecer Ares, o que, sen dúbida, favorece ás políticas que tamén se están desenvolvendo no Concello para incementar o turismo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares