Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares inicia medidas en contra das actividades de repostaxe a fondeo autorizadas pola Autoridade Portuaria na Ría
09 Agosto 2013 13:11
Iglesias denuncia que, mentres a autorización do bunkering a buques fondeados non contou con ningún estudio de impacto medioambiental, a solicitude de incorporación de ría de Ares como zona 2 de servizos portuarios, levouse a cabo obviando os informes de impacto esixidos pola Consellería do Mar

O alcalde anuncia que o Concello se personará para exercer tódalas acción legais e políticas procedentes en defensa da integridade da ría


O alcalde do Concello de Ares, Julio Iglesias, tras a visita de onte á Autoridade Portuaria de Ferrol, co obxecto de acceder aos expedientes de autorización do bunkering a buques fondeados nas rías de Ferrol e Ares, á vista dos mesmos, quere facer unha serie de puntualización sao respecto.
En primeiro lugar, o rexedor socialista quere manisfestar que en ningún momento se lle permitiu o acceso ás actas dos Consellos de Administración nos que foron aprobados tanto o prego de condicións que permite a práctica do bunkering, como a solicitude de incorporar a ría de Ares como zona 2 de servizos portuarios, feito que, de materializarse, suporía permitir a actividade de repostaxe de buques fondeados na propia ría de Ares.
Por outra banda, o alcalde quere resaltar que o feito de que exista unha terceira solicitude dunha empresa extranxeira pendente de autorización- que se sumaría ás dúas xa aprobadas- pon de manifesto o interés por consolidar estas operacións, ao tempo que suporía o aumento do risco de contaminación por vertidos accidentais e por acumulación- xa que resultaría exponencial ao número de suministros en fondeo a realizar, tal e como sucede na bahía de Alxeciras -.
En terceiro lugar, Julio Iglesias quere destacar o feito de que esta práctica non está autorizada en nigunha das outras rías galegas, como ata o de agora sucedía na de Ferrol, onde os suministros soamente se realizaban a buques atracados.
En cuarto lugar, o alcalde denuncia que, segundo a documentación aportada pola Autoridade Portuaria, a aprobación do prego de condicións que agora fai posible a práctica do bunkering a buques fondeados, non contou en ningún caso cos preceptivos informes medioambientais. Neste sentido, Iglesias tamén indicou que no caso da solicitude para incorporar a ría de Ares como zona 2 de servicios portuarios, esta levouse a cabo obviando deliberadamente estudos de mostras empíricas e parámetros medioambientais de impacto, no plan galego de acuicultura que a propia Consellería do Mar considerou procedentes.
Segundo maniesta Iglesias a este repecto, no expediente presentado polos técnicos da Autoridade Portuaria, incluíase unha recomendación dirixida ao Director do ente portuario, para tratar o “desbloqueo político” ante a Xunta e poder deste xeito facer efectiva a incorporación da ría de Ares sen ditos estudos.
O alcalde tamén resaltou o feito de que o informe da secretaría xeral para o Deporte fose favorable a esta nova calificación para a ría de Ares, esgrimindo como argumento principal a inexistencia de prácticas deportivas nas súas augas.
Por último, segundo manifesta o rexedor, respecto da solicitude da Autoridade Portuaria ante o Ministerio de Fomento para a incorporación da ría de Ares como zona 2 de servizos portuarios, dende a propia Autoridade Portuaria se lle trasladou expresamente que dita solicitude soamente atendía a obxectivos de cobro dos fondeos na ría aresá, e en ningún caso para autorizar o bunkering a buques fondeados en Ares, xa que dita práctica solo sería autorizada na boca da ría de Ferrol xunto ao porto exterior, extremos cos que o rexedor socialista mostrou o seu total rexeitamento, dado o grave peligro de contaminación que suporía para as dúas rías.
De feito, Iglesias anunciou en rolda de prensa que o propio Concello de Ares se personará nos expedientes para “exercer tódalas accións legais e políticas que sean procedentes para defender a integridade dunhas rías por cuxa salubridade e saneamento levamos loitando toda a vida”.
Entre ditas acción, o alcalde solicitou este mesmo luns reunións urxentes de Golfo Ártabro-cuxo presidente contestou o mesmo día e amosou públicamente o súa oposición á decisión da Autoridade Portuaria de autorizar o repostaxe a fondeo- e tamén de Costa Noroeste e a Mancomunidade, presididas ambas polo alcalde de Ferrol, quen a día de hoxe segue sen pronunciarse ao respecto, a pesar de que, segundo recalcou Iglesias, tan graves feitos teñen lugar na ría da súa cidade.

INICIATIVAS PARLAMENTARIAS
Ás accións do rexedor aresán súmanse á batería de iniciativas parlamentarias presentadas pola diputada socialista Beatriz Sestayo, coa finalidade de que o goberno da Xunta de Galicia ordene a inmediata rectificación da autorización para o bunkering a fondeo nas rías afectadas, especialmente para a de Ferrol que xa foi concedida.
Así mesmo, a parlamentaria insta ao goberno autonómico a dar as explicacións oportunas sobre o coñecemento do procedemento seguido para a inclusión da ría de Ares como zona portuaria de Ferrol, así como as medidas que se adoptarán unha vez que a Autoridade Portuaria decidiu ignorar a petición de informes medioambientais solicitados pola Consellería do Mar, ademais do impacto na actividade pesqueira, marisqueira e da acuicultura.
Sestayo esixe a comparecencia do goberno para que explique a súa posición, ademais de solicitar o traslado de toda a documentación ao respecto, incluida a que se lle solicitou á propia Autoridade Portuaria e foi denegada.
Tamén a través das interpelaciones presentadas por Sestayo se esixe aos responsables do goberno autonómico a oposición a dita actividade, por infrinxir os proxectos estratéxicos de crecemento sostible, de saneamento das rías e das actividades náuticas e productivas.
Neste mesmo sentido, a diputada Paloma Rodríguez rexistrou iniciativas no Congreso dos Diputados, que contan co respaldo do grupo parlamentario socialista, totalmente contrario a unha práctica tan nociva para as nosas augas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares