Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As directoras xerais de Administración Local e Xustiza visitan o municipio o vindeiro martes
07 Setembro 2007 11:05
A directora xeral de Administración Local, Begoña Fernández Rumbo, a de Xustiza, Begoña Santos, e a delegada provincial da Consellería de Presidencia, Aurora Moinelo, visitarán o vindeiro martes, día 11, o municipio de Ares. A chegada destas responsables do departamento que dirixe José Luis Méndez Romeu está prevista para as 13.30 horas, e despois do recibimento por parte do alcalde da vila, Julio Iglesias, manterán un encontro co rexedor socialista.
Varias, e de importancia, son as cuestións que Iglesias porá sobre a mesa en dita reunión. Segundo adiantou, solicitará á responsable de Administración Local un novo coche para a Policía Local e falará sobre a regularización da situación da propia Policía para poder contratar auxiliares, extremo ata o momento imposible.
Pero, ademais, abordará a necesidade de solventar os problemas xurdidos en torno á nova Casa Consistorial. Como se recordará, trátase dun edificio ilegal que, precisamente por esta circunstancia, perdeu as subvencións concedidas pola Administración Autonómica (Presidencia) para a construcción de consistorios. Agora, o alcalde pretende emendar ditas irregularidades para legalizar o inmoble –cuestión dependente da Dirección Xeral de Urbanismo, da Consellería de Política Territorial- e, no que afecta á Dirección Xeral de Administración Local, solicitará o rescate da axuda económica anulada, moi importante para poder facer fronte aos numerosos gastos que ocasionou a construcción do novo edificio.
En canto á directora xeral de Xustiza, Julio Iglesias destacou que é a primeira visita institucional que Begoña Santos fai a Ares despois de que o actual rexedor regularizase a situación do Xulgado, cuxa secretaria fora destituida polo anterior alcalde, José Manuel Cendán. Despois da toma de posesión de Iglesias, foi admitida de novo.
Ademais, Xustiza vén de conceder ao Concello de Ares unha subvención por un importe de máis de 2.200 euros.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares