Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno da corporación respalda a nova ordenanza reguladora de limpeza de fincas e predios no municipio
26 Abril 2013 10:37
O pleno da corporación deu o visto bo na sesión ordinaria celebrada esta mañá á nova ordenanza reguladora da limpeza de fincas e predios e á ordenanza fiscal correspondente para os casos de execución subsidaria, cos votos favorables de todos os grupos agás do BNG, que se abstivo.
A nova norma pretende artellar os mecanismos necesarios para garantir que todas as fincas estean en bo estado, dando cumprimento aos artigos 9 e 199 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no sentido de que as persoas propietarias de toda clase de terreos teñen a obriga de mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, así como de conservar e manter o solo natural nas condicións precisas que eviten erosións e incendios, e de impedir a contaminación da terra, o aire e a auga. Deste xeito, o Concello facilítase a prevención dos incendios e a boa xestión dos terreos forestais; a prevención doutras incidencias que poidan xerar impactos negativos sobre a paisaxe, o medio ambiente e a calidade de vida dos veciños e veciñas; a concienciación das persoas propietarias ou usuarias de parcelas e edificacións sobre as súas responsabilidades, a equidade e boa xestión dos recursos municipais; e a eliminación de vertedoiros incontrolados.
Así as cousas, a ordenanza, que agora será remitida ao BOP para iniciar o período de información pública e presentación de alegacións, que se manterá durante 15 días, indica que “os propietarios dos terreos deberán mantelos limpos, libres de restos, entullos e residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade e ornato público”, engadindo que, en defecto destes, serán os que figuren como titulares castastrais os responsables do cumprimento das obrigas establecidas. Pola súa banda, a norma contempla que o Concello ten a potestade de inspección e realización subsidaria dos traballos de limpeza, sexan solares de propiedade pública ou privada. Neste caso, dita limpeza será realizada conforme ao acordado na ordenanza fiscal tamén aprobada esta mañá, sen prexuízo das sancións que correspondan. É dicir, que se o propietario dun terreo non cumpre coas súas obrigas e non atende á orde de execución de limpeza do alcalde en prazo, éste procederá a ordenar a execución subsidiaria ou a execución forzosa mediante imposición de multas coercitivas de ata 3.000 euros.
Polo tanto, o non cumprimento das obrigas da ordenanza conlevará un custo importante para o propietario do terreo, posto que ademais de aboar o custe dos traballos executados polo Concello ou a empresa que designe, terá que facer fronte ás multas correspondentes e, se así se decidise, á sanción que se marque no respectivo expediente.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares