Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O mosteiro de Santa Catalina acolle un ano máis as Xornadas sobre Violencia de Xénero que organiza o Concello de Ares o vindeiro día 9
19 Abril 2013 11:17
Imaxe
A Concellaría de Muller, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, organiza as que serán xa as sextas Xornadas sobre a Violencia de Xénero, que se desenvolverán o vindeiro 9 de maio no mosteiro de Santa Catalina.
Como explicaron os responsables municipais esta mañá na comisión informativa de Servizos Sociais, esta actividade terá lugar ao longo de toda a xornada, comezando ás 9.30 coa entrega do material correspondente ás persoas inscritas previamente e a inauguración a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias.
A primeira das mesas redondas levará o título de “O papel do entorno familiar nos procesos de violencia de xénero: Luces e sombras” e será moderada por Carmen Soto, a orientadora do CPI Conde de Fenosa. Nesta mesa intervirán Enma Sánchez, directora do CIM do Concello de Arteixo; Sandra Barbeiro, psicóloga do CIM do mesmo municipio; e Ana Cobo, psicóloga do PIM do Concello de Mugardos.
Despois dunha pausa para un café, comezará o segundo dos coloquios, que neste caso será sobre as redes sociais e a autoprotección. Alexandra Dopico, policía local do Concello de Ares, será a moderadora dunha mesa redonda na que participarán Fernando Villar Santos, formador da Garda Civil, e José Ramón Rosales Gómez, policía, funcionario e docente da escola de formación do Sindicato Unificado da Policía.
“Vítimas (supervivintes) da violencia de xénero e a saúde mental” é o título da primeira das actividades da tarde –ás catro-, na que intervirán os responsables da área de Saúde Mental de Ecos do Sur, José María Freire Duro e Rocío Rodríguez López. Esta conferencia será presentada por Lucía Regueira, educadora familiar do Condello de Ares.
Ás 17.30 horas, e despois dunha pausa de media hora, tocaralle a quenda a María Berta Rodríguez Martínez, médico forense a subdirectora do IMELGA da Coruña, que falará sobre “Violencia de xénero: un reto sanitario e médico legal”. Dolores Castro González, abogada do CIM de Ares, moderará a charla.
O obradoiro “Camiñando cara Igual-Arte: taller vivencial”, a cargo da psicóloga Paula Sánchez, será a derradeira das actividades das xornadas, que serán clausuradas ás 20.30 horas pola concelleira de Servizos Sociais de Ares, Victoria Montenegro. A edil socialista tamén será a encargada de entregar os diplomas a os a as asistentes a estas xornadas, que se teñen convertido nun referente neste tema a nivel de toda Galicia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares