Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde e os responsables da Confraría de Pescadores e do Club Náutico trasladan ao presidente de Portos de Galicia as principais demandas das instalacións locais
19 Abril 2013 09:33
ImaxeImaxeImaxe
Coincindo coa visita a Ares do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para presentar o prego de condicións que rexerá o concurso para o mantemento dos pantaláns, o alcalde, Julio Iglesias, o presidente do Club Náutico, Cayetano Galán, e o responsable da Confraría de Pescadores local, Juan Fuentes, puxeron de novo enriba da mesa unha serie de reivindicacións de especial necesidade, en nalgún caso urxencia, para o conxunto dos usuarios das instalacións portuarias do municipio.
A construcción do travel-lift de 80 toneladas, como destacou o rexedor socialista, resulta fundamental. Esta infraestrutura, como xa se dera conta en anteriores ocasións, daría servizo ás embarcacións do pósito e do Náutico e suporía un importante revulsivo para esta zona no eido da náutica deportiva e da pesca. Dase a circunstancia, ademais, que o Goberno autonómico socialista deixara lista a mariña seca e o foso para esta elevadora de embarcacións, polo que unicamente restaría a súa colocación.
A Confraría tamén trasladou a Durán a necesidade de levar a cabo un dragado da zona de atraque pola presenza dunhas pedras que están provocando problemas no traballo dos integrantes do pósito local.
En canto ao Club Náutico, os seus responsables trasladaron ao presidente de Portos de Galicia a importancia de renovarlles a concesión dos pantaláns adaptándoa á realidade actual do Porto de Ares e ás circunstancias presentes da náutica deportiva.
A necesidade de reforzar o subministro eléctrico na nave de departamentos co obxectivo de incrementar a súa potencia e a posta en funcionamento dunha liña de datos específica para os usuarios das instalacións, que na actualidade non teñen foron outras das demandas que esta mañá se puxeron de novo sobre a mesa co presidente de Portos de Galicia.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares