Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello pon a disposición dos cidadáns os medios necesarios para facilitar a tramitación das exencións e bonificacións pola aplicación do canon de auga da Xunta
04 Marzo 2013 14:17
O Concello de Ares pon, dende o día 1 deste mes de marzo, os medios necesarios para facilitar aos usuarios do municipio a tramitación das exencións e bonificacións ás que poidan ter dereito pola aplicación do canon da auga da Xunta de Galicia. Este imposto autonómico, que da resposta á Lei 9/2010 de 4 de novembro, que grava o uso e consumo deste recurso natural no ámbito galego, comezou a aplicarse dun xeito automático o pasado mes de xullo e, no que se refire á súa parte variable, establécese tendo en conta o consumo en m3 e en función do número de persoas que habitan en cada domicilio.
Dado que a norma fixa exencións e deduccións, e dado tamén que o Concello non ten constancia de que a Xunta de Galicia estea a informar e realizar as tramitacións pertinentes acerca de ditos extremos, dende o goberno local acordouse por a disposición dos usuarios e usuarias do municipio os medios necesarios para facilitar dita tramitación. Polo tanto, os e as interesadas poderán acudir ás oficinas do Concello, no seu horario habitual de apertura, onde lles facilitarán e axudarán a cumprimentar os impresos correspondentes co obxecto de realizar as solicitudes ou comunicación que sexan necesarias. Segundo informan dende o Concello, deberán achegar o último recibo emitido polo subministro de auga.
Entre outros, están exentos de pagar este canon as unidades de convivencia que acrediten estar en situación de exclusión social e as entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, que estean dados de alta no subministro de auga en centros que presten servizos directos a persoas en risco ou en situación de exclusión social. Ademais, poderán solicitar a reducción do 50% da cota as familias numerosas. Sobre este último punto, hai que puntualizar que a Lei de Augas de Galicia presupón tres habitantes por cada vivenda, polo que no caso de que a unidade de convivencia teña máis membros, comunicaráse esta circunstancia, o que provocará que o consumo mínimo exento sexa máis elevado.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares