Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 03 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Afombras florais nas nosas casa

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Deputación comunica ao concelleiro de Cultura e á Asociación de Alfombras Florais que se compromete a garantir que a festa do Corpus manteña as axudas
15 Febreiro 2013 09:36
A Deputación Provincial, a través da súa vicepresidenta, Mariel Padín, comprométese a garantir que a festa do Corpus en Ares se manteña tal e como se fixo nestes últimos anos e, polo tanto, reciba as axudas necesarias para iso. Esta foi a principal mensaxe trasladada por Padín á delegación que viaxou esta mañá á sede da institución coruñesa para abordar a necesidade de recuperar a parte da subvención negada inicialmente este ano por parte do Goberno provincial, e da que formaba parte, ademais de responsables da Asociación de Alfombras Florais, o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández.
Esta reunión tivo lugar despois dunha serie de xestións realizadas por parte do alcalde, Julio Iglesias, que incluso presentara unha moción no Pleno da Deputación instando a esta institución a asinar un convenio nominativo coa entidade aresá para manter as axudas económicas, rebaixadas a máis da metade neste exercicio.
Como puxeron de manifesto os asistentes a esta reunión coa vicepresidenta da Deputación, non ten sentido que unha festa que foi declarada en 2011 de Interese Turístico Rexional por parte da Xunta de Galicia non teña visto mellorar as aportacións económicas concedidas pola institución provincial, senón todo o contrario.
Segundo este compromiso, na subvención que a Asociación de Alfombras solicitará para a festa deste ano do Corpus, a Deputación garantirá o apoio necesario para que as ducias de veciños e veciñas que xa están a traballar a reo para as rúas da vila luzan como cada ano e reciban a visita de miles de persoas, poidan seguir mantendo esta importante tradición.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares