Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 12 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde e a delegada territorial asinaron esta mañá a acta de conformidade das obras de acondicionamento da praza das vivendas Cortiñas Gil
05 Febreiro 2013 10:49
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a delegada territorial, Belén do Campo, asinaron esta mañá na sede coruñesa a acta de conformidade das obras de acondicionamento da praza pública, que incluía a instalación do parque infantil, da Avenida de Mugardos, nomeadamente do parque de vivendas sociais Cortiñas Gil. En virtude deste acordo, a Dirección Xeral de Administración Local, no marco das axudas para a mellora de infraestruturas de uso público, aportará a cantidade solicitada polo grupo de goberno local, toda vez que os técnicos da Xunta xa realizaron a pertinente inspección e emitiron o informe de conformidade.
O parque infantil conta con catro elementos dirixidos a nenos e nenas de 1 a 12 anos: bambán, tobogán, balancín e carrusel, e foi executado pola empresa Jardinería Arce. A aportación da Consellería de Presidencia foi de 16.884 euros, o que equivale ao 70% da obra, mentres que o 30% restante correu a cargo do propio Concello de Ares. A actuación, ademais da colocación de ditos elementos sobre a superficie homologada pola UE para este tipo de espazos, incluiu a instalación dun panel informativo e a humanización do entorno, coa colocación de papeleiras e o arranxo dos bancos xa existentes, o axardinamento –parterre- dos arredores do parque e o arranxo dunha fonte.
Con esta actuación promovida polo equipo de goberno socialista, o número de espazos de xogo dirixidos aos máis pequenos elévase a sete, e todos eles executados e/ou mellorados polos actuais responsables municipais.
Ademais do parque infantil Alcalde Cortiñas Gil, o municipio aresán conta con espazos infantís en Redes –construido neste mandato-, o parque Rosalía de Castro –renovado e ampliado polo equipo de Iglesias o pasado mandato-, os de Cervás, Chanteiro e o do campo de fútbol Prados Vellos –os tres de nova construcción e tamén correspondentes ao anterior mandato socialista-, e o das Mirandas –na zona do Porto, nun espazo no que antigamente houbera xogos infantís, pero fora desmantelado-. Deste xeito, todo o municipio conta cunha oferta de parques para os máis pequenos, un servizo que Iglesias quixo potenciar dende que accedeu á Alcaldía dado que Ares é un dos poucos concellos da comarca que segue incrementado a súa poboación e conta cun inxente número de familias con nenos e nenas pequenos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares