Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba unha moción do Grupo Socialista en apoio á Asociación de Alfombras Florais do Corpus
04 Febreiro 2013 09:42
O pleno da corporación aprobou por unanimidade a moción presentada polo grupo municipal socialista de apoio á Asociación de Alfombras Florais, que este ano vén de recibir da Deputación menos da metade da partida concedida no exercicio anterior. No documento, na mesma liña que o defendido recentemente na institución provincial polo alcalde local, Julio Iglesias, ínstase á Deputación a “atender como se merece, e como así o considera a Xunta de Galicia coa declaración desta festa en 2011 como de Interese Turístico Autónomico, as Alfombras Florais de Ares”.
Segundo se recolle no texto aprobado esta mañá no marco da sesión ordinaria correspondente ao mes de xaneiro, este respaldo debe materializarse “coa sinatura urxente entre Deputación e Asociación de Alfombras dun convenio nominativo a través do que a institución provincial outorgue para este mesmo ano a cantidade de 6.000 euros ou, en todo caso, a mesma que se concedeu en exercicios anteriores”.
O rexedor socialista amosouse confiado en que os responsables da Deputación modifiquen a súa postura e atendan os argumentos máis que solventes das ducias de veciños e veciñas que traballan a reo durante meses para facer unha das alfombras do Corpus máis vistosas e visitadas de toda Galicia. De feito, como subliñou Iglesias, este traballo veuse recoñecido pola Xunta vai facer agora dous anos, coa aceptación da solicitude tramitada polo Concello de considerar a Alfombra Floral de Ares como Festa de Interese Turístico Autonómico.
Por outra banda, o pleno de corporación aprobou o prego de condicións que rexirán a concurso para a conservación e mantemento dos colectores e bombeos da EDAR, que se ubican nos tres municipios que se beneficiarán da estación depuradora, isto é Ares, Fene e Mugardos, cuxos secretarios xa deron o visto bo ao mesmo.
Como explicou o alcalde, trátase dunha contratación que lle corresponde facer e tramitar a Ares por delegación e que ten que levarse a cabo agora para poder estar adxudicado ao mesmo tempo do remate das obras executadas por Augas de Galicia e, polo tanto, do inicio da depuración das augas residuais nos tres municipios.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares