Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Aula CeMIT acollerá "Miradas de Muller", un programa dirixido a desempregadas para a súa incorporación ao mundo laboral no eido da fotografía
22 Xaneiro 2013 09:51
A Aula CeMIT da Casa da Xuventude acollerá ao longo de 2013 “Miradas de Muller”, unha nova iniciativa sobre capacitación dixital e emprendemento que ten como destinatarias a mulleres desempregadas para a súa incorporación no mundo empresarial dentro do eido da fotografía dixital. Así, o curso nace co principal obxectivo de ofrecer formación e solución de autoemprego a mulleres en paro, nomeadamente rurais e procedentes de zonas obreiras ou periféricas con dificultades de desenvolvemento profesional, para a súa incorporación ao mundo laboral empregando servizos dixitais no campo da fotografía.
O curso constará de catro fases. Así, comezará cunha xornada de presentación impartida a través dos sistemas de videoconferencia e videocolaboración coas Aulas CeMIT participantes –un total de 33 desta rede-, e que se desenvolverá entre os días 31 deste mes e o 15 de febreiro.
En segundo lugar, impartiranse os cursos do catálogo de formación CeMIT relacionados co mundo da fotografía dixital para, a continuación, proceder á inscripción das usuarias na plataforma web “Miradas de muller”, pola que poderán acceder a portais informativos, disponer de titor ou difundir os seus servizos nunha bolsa de traballo.
Finalmente, e como cuarta fase, as mulleres participantes nesta iniciativa tomarán parte nun concurso fotográfico a nivel nacional a través da plataforma.
As mulleres interesadas no programa terán que rexistrarse previamente como usuarias da Rede CeMIT e solicitar a matriculación nesta iniciativa a través da web antes do día 28 deste mes (www.cemit.xunta.es). Tamén poderanse formalizar as matrículas acudindo persoalmente á aula de Ares, na Casa da Xuventude (Praza da Constitución, s/n), chamando ao 981 949 591, ou enviando correo a cemit.ares@xunta.es.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares