Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 07 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O PLENO APROBA UNHA MOCIÓN DE APOIO AOS AFECTADOS POLAS PREFERENTES COA ABSTENCIÓN DO PARTIDO POPULAR
16 Xaneiro 2013 09:21
O pleno da corporación aprobou, coa única abstención do Partido Popular, unha moción presentada polo grupo municipal socialista de apoio aos afectados polas preferentes. Un grupo de afectados desta comarca asistiu á sesión e recriminou duramente a postura dos “populares”, que nin siquera respaldaron a urxencia de dita moción.
O documento aprobado e que, como destacou o alcalde, Julio Iglesias, supón un “primeiro paso” dunha serie de iniciativas promovidas polo Concello en defensa dos intereses dos afectados avaladas pola corporación gracias á moción de hoxe, incluía unha serie de acordos que se trasladarán á Xunta de Galicia. Así, ínstase ao Executivo autonómico a garantir o acceso á arbitraxe a todos os afectados, non unicamente aos que resulten elixidos; acelerar as arbitraxes igualando, como mínimo, o ritmo de antes das eleccións autonómicas duns 200 laudos diarios; notificar as solicitudes que foron rexeitadas por Novagalicia; e esixir ao Goberno central que derogue o decreto que establece unha quita sobre os aforros dos afectados e polo que perderán unha media de entre o 50 e o 70%.
O Partido Popular, así mesmo, votou en contra doutro dos puntos incluidos na orde do día; nomeadamente no relativo á aprobación da obra que se financiará con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación correspondente ao presente exercicio 2013. Trátase, en concreto, da execución da ampliación da rede de abastecemento en Cervás, que este ano realizarase na súa primeira fase, quedando comprometida por parte do Goberno local a segunda para o vindeiro exercicio.
Finalmente, o pleno, cos votos en contra de PP e BNG, deu o visto bo aos orzamentos correspondentes a este ano, que ascenden a 5.054.063,74 euros.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares