Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Setembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde afirma que se Cendán non dimite e o PP non o obriga a facelo, será o pleno o que execute a sentenza firme que o condea por un delicto electoral
03 Xaneiro 2013 09:26
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado dos concelleiros do grupo de goberno socialista Eugenio Fernández Lago –edil de Cultura e voceiro do grupo- e Victoria Montenegro –concelleira de Servizos Sociais-, compareceu esta mañá en rolda de prensa para facer unha valoración da sentenza da Audiencia Provincial da Coruña pola que se desestima o recurso de apelación interposto polo ex alcalde do PP e voceiro dese grupo, Manuel Cendán, contra o primeiro fallo do Penal de Ferrol que o condeaba por delicto electoral.
Como manifestou o rexedor socialista, este fallo, que xa non admite máis recursos e, polo tanto, convirte a sentenza en firme, pon fin a un longo proceso que se iniciou hai dez anos contra unha persoa que se demostrou que “foi alcalde entre 2003 e 2007 con trampas”. Pero Iglesias foi máis aló, ao engadir que “dende entón, é concelleiro e voceiro do PP sen que ninguén no seu partido teña alzado a voz contra uns feitos que repugnan a calquera demócrata”.
Neste eido, o alcalde e secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ares, que actuo xunto con outras forzas políticas primeiro denunciando os feitos e despois persoándose nos diferentes procesos aos que ese fraude deu lugar, cualificou o acontecido como “atentando grave ao sistema democrático”. Como subliñou, os feitos agora condeados foron “manifestos” e incluso, como dixo, “burdos”, xa que “é impensable que responsables políticos censen en casas en ruinas, garaxes ou incluso no seu propio domicilio”. Pero, a maiores, estes feitos probados foron dolosos, “coa intención clara de usurpar o poder político que ten que nacer nas furnas”, o que realmente acadou, xa que en 2003 foi de novo alcalde por arredor de 40 votos –os que se demostraron foron ata 73 habitantes-.
En base a esta sentenza, Iglesias esixiu a Manuel Cendán que dimita dun xeito “inmediato” e, se non o fai, que o PP, “cun Feijóo que non deixa de presumir do seu código ético”, actúe e non permita que o ex alcalde “estea nin un segundo máis” representando ao seu partido en Ares. De feito, o rexedor socialista denunciou o “silencio cómplice do Partido Popular”, do que dixo que “non é normal que un partido ao que non lle custa nada pronunciarse sobre procesos doutras persoas, agora non diga absolutamente nada”.
No caso de que Cendán non dimita, “nós esixiremos a través dun pleno extraordinario e monográfico que se execute a sentenza, recoñecendo a incompatibilidade sobrevenida do seu cargo”, dixo Iglesias, que engadiu que “sería unha pena que outra vez tivésemos que tomar medidas os cidadáns de Ares para poñer fin a unha pesadilla electoral que, dez anos despois, estamos desexando finiquitar, e creo que o faremos dun xeito exemplar”.
Precisamente esta mañá, o grupo municipal socialista presentou a sentenza por rexistro para que se leven a cabo as acción oportunas. Baixo estes parámetros, se o portavoz do PP non dimite, o pleno sería convocado o venres para celebrar a mediados da vindeira semana.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares