Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 24 de Setembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares reclama ao presidente de Portos de Galicia a urxente colocación nas instalacións locais do comprometido travel-lift
28 Decembro 2012 09:27
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, aproveitou o acto de presentación da Guía básica de servizos náuticos de Galicia –unha publicación do Portos que recolle 39 portos deportivos, entre os que se atopa o de Ares, con referencias de navegación, instalacións e incluso turísticas-, que tivo lugar esta mañá nas instalacións do porto deportivo da vila, para lembrarlle ao presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, a necesidade de contar co comprometido travel- lift. Como puxo de manifesto unha vez máis o rexedor socialista, esta infraestrutura, reclamada polo propio Club Náutico e a Confraría de Pescadores, faise nestes momentos especialmente necesaria como elemento clave destes sectores estratéxicos no municipio para superar a profunda crise económica.
Iglesias, que compartiu rolda de prensa, ademais, co presidente do Club Náutico de Ares, Cayetano Galán, quixo subliñar a importancia do porto deportivo desta localidade, “referente en toda a zona norte”. Como manifestou, estas instalacións van gañando prestixio, como o acreditan os premios internacionais recibidos ou a bandera azul acadada cada ano. A este respecto, o rexedor valorou o traballo desenvolvido polo Club Naútico, ademais de destacar a colaboración do Concello do Portos de Galicia, “que seguro que seguirá dando os seus froitos con infraestruturas demandadas polo Náutico e a Confraría e xa comprometidas, como é o travel-lift, que incrementaría dun xeito decisivo os servizos que se prestan neste complexo deportivo, náutico e pesqueiro”, dixo.
“Este equipo de goberno ten un especial interese nas instalacións portuarias de Ares porque é un sector importantísimo para o municipio, sobre todo nestes momentos de crise”, asegurou Iglesias, que subliñou o mérito que ten o Club Náutico “para pagar unhas taxas ás que son moi difíciles de facer fronte e seguir traballando para que estas instalacións sigan a dar os seus froitos”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares