Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Dous obradoiros, unha carreira solidaria, a actuación do mago Román e o Certame de Panxoliñas centrarán a actividade do Concello desta semana
18 Decembro 2012 13:19
A Concellaría de Cultura, que preside Eugenio Fernández, e a de Deportes, que dirixe José Juan Vilar, prosiguen esta semana co programa de actividades promovido co gallo das festas do Nadal. Hoxe mesmo, os nenos e nenas poderán participar nun obradoiro artístico en colaboración coa Escola Municipal de Pintura Infantil.
Xa mañá mércores, a Biblioteca Municipal acollerá outro obradoiro, neste caso de estrelas de Nadal. Esta actividade, pensada para a participación de todos os membros da familia, desenvolverase entre as cinco e as sete da tarde, mentres que o xoves, e organizado polo CPI Conde de Fenosa, terá lugar unha maratón solidaria, a IX Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta iniciativa comezará ás 10.30 horas dende o propio centro escolar, para voltar ao mesmo punto despois de percorrer as rúas do pobo.
E o Mago “Román” será o protagonista da xornada do venres 21. O artista ofrecerá o seu espectáculo para todos os públicos no salón de actos da Alianza Aresana ás seis da tarde.
Ademais, a Concellaría de Cultura organiza a que será a segunda edición do Certame de Panxoliñas Concello de Ares. Esta iniciativa, que o ano pasado obtivo un grande éxito de participación e público, desenvolverase na igrexa de San Xosé o sábado, 22 de decembro, a partires das oito da tarde.
A presentación do certame correrá a cargo de Conchi Ramil e está prevista a actuación de sete formacións musicais: a Escola Municipal de Música de Ares; o Coro Voces Amigas, a Escola de Música da asociación cultural Xábrega; a Coral Areas do Mar do Casino Aresano; o Coro Parroquial Aresano; o Coro Xuvenil Parroquial; e a Rondalla Trovadores. Cada unha destas agrupacións interpretará tres panxoliñas e a área de Cultura informa de que a actuación rematará coa interpretación por parte de todos os participantes do tema “Ese niño rubio”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares