Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 07 de Marzo de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde denuncia a actitude de Telefónica por non dar de alta a veciños da vila
17 Setembro 2007 10:43
O Concello de Ares denunciará ante a Dirección General de Telecomunicaciones y Tecnologías de la Información, organismo dependente do Ministerio de Industria, a Telefónica por non dar de alta no servizo telefónico fixo a un bo número de veciños da vila. As queixas dos residentes no número 146 da rúa Anxos, que levan nalgúns casos case nove meses agardando que a compañía de telefonía lles instale a liña, alertaron ao goberno local, que encargou recentemente un informe á Policía Local para coñecer cántos casos existen nesa zona da vila.
Neste, os axentes informan de que, polo menos (algúns estaban ausentes na visita da Policía aos seus domicilios), oito dos residentes no inmoble anteriormente citado teñen solicitada a alta sen resultado positivo. “Os veciños manifestan que o levan solicitando un longo período de tempo, xa que supostamente Telefónica négase a ofrecerllo, existindo incluso arquetas para poder pasar o cable”, di este informe da Policía Local, que afirma que esta mesma situación dase tamén cos cidadáns que viven nos números 135-137 da rúa Anxos e no 19 da rúa San José.
Aínda que existe unha resolución do director general de Telecomunicaciones y Tecnologías de la Información pola que se autoriza un tempo de servizo maior para a conexión inicial da rede pública fixa de determinadas solicitudes de usuarios, outorgando a Telefónica un prazo de tres meses –considera acreditadas as razóns que esgrime a empresa, que alega que precisa de máis tempo pola necesidade de obter permisos de obra ante o Concello-, a data de saída da resolución foi o 18 de maio; é dicir, hai catro meses. E a situación segue sendo a mesma, é dicir, os veciños continúan sen dispoñer dunha liña para o teléfono fixo.
Ademais, os servizos técnicos municipais non teñen constancia da existencia de solicitudes por parte da compañía telefónica para o subministro da conexión inicial nesta zona da localidade, polo que o alcalde, Julio Iglesias, non ve razón algunha para que Telefónica, o operador coa obriga de servizo universal, non cumpla cos veciños de Ares.
O rexedor, que tentou, sen éxito, poñerse en contacto coa empresa, lembra que o Concello dispón dende hai días dunha Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) –o horario de atención ao público é de nove da mañá a doce do mediodía, de luns a venres-, polo que anima aos cidadáns que se atopen nesta situación a presentar reclamacións contra a compañía telefónica. Segundo informan dende a OMIC, na Carta de Dereitos inclúese o de que todos os usuarios finais poidan obter unha conexión á rede telefónica pública dende unha ubicación fixa. Así, o prestador do servizo universal ten a obriga de atender as solicitudes de instalación de liñas fixas por parte de usuarios, e deben permitir efectuar e recibir chamadas telefónicas e acceder de maneira funcional a Internet. O prazo máximo establecido para a instalación é de 60 días naturais, e no caso de que non se cumpra os usuarios terán dereito a unha compensación automática consistente en eximir do pago do número de cuotas mensuais de abono equivalentes aos meses nos que se exceda o prazo.

ACHEGAR “R” AO MUNICIPIO

O rexedor socialista, que denunciará esta situación ante o Ministerio de Industria, confía en poder solventar o problema á maior brevidade posible e, en todo caso, anuncia a próxima chegada ao municipio da empresa de telecomunicacións por cable “R”, o que permitirá que os veciños que non poden contar co servizo telefónico desexado dispoñan do mesmo. Neste sentido, o expediente está moi avanzado, polo que as primeiras obras poderían comezar en cuestión de meses.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares