Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 31 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares participará na presentación de "Cartas de inverno", unha novela gráfica de Antonio Seijas baseada na obra de Agustín Fernández Paz
23 Novembro 2012 13:08
O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o vindeiro xoves, día 29 de novembro, a partires das oito da tarde, o acto de presentación da novela gráfica “Cartas de inverno”, do autor local Antonio Seijas. Trátase dunha adaptación da novela do mesmo nome obra de Agustín Fernández Paz, que tamén estará neste acto. Acompañarán a Seijas e a Fernández Paz o responsable da editorial Xerais, Manuel Bragado, e o alcalde de Ares, Julio Iglesias.
“Cartas de inverno” é unha magnífica versión en banda deseñada da obra do mesmo nome, unha extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz –un dos clásicos da narrativa galega contemporánea- e conta unha historia que comeza á volta dunha viaxe, cando o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar.

En palabras de Agustín Fernández Paz, “este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno.”
Antonio Seijas naceu en Ares en 1976 e o seu primeiro álbum de banda deseñada, Un Hombre Feliz, resultou gañador do Certame de Banda Deseñada "Castelao" da Deputación de A Coruña, con prólogo de Miguelanxo Prado, e tamén recibiu o premio de mellor guión, por votación popular, no Saló del Cómic de Barcelona en 2008.
No campo da ilustración, fai traballos para revistas, xornais, webs, cubertas de libros así como ilustracións para literatura infantil e xuvenil en diferentes editoriais, ocupándose en Xerais das cubertas da colección Fóra de xogo. Tamén realiza traballos para grupos e discográficas (cubertas, libretos, logos, carteis…), recibindo excelentes críticas en diversos medios nacionais e estranxeiros. Mantén na rede os seus blogs http://antonioseijas.blogaliza.org e http://antonioseijas.blogspot.com ademais da páxina www.antonioseijas.com.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares