Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares esixe ao de Ferrol unha reunión urxente da Mancomunidade para abordar as últimas novidades sobre Pemex e o dique flotante
01 Octubre 2012 13:13
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de solicitar por escrito ao seu homólogo de Ferrol, o “popular” José Manuel Rey, a convocatoria urxente da Mancomunidade de Municipios ante as últimas novidades xurdidas con respecto aos presuntos contratos con Pemex para a construcción dun flotel en Navantia, postos en dúbida ou incluso negados polo director xeral da petroleira mexicana e a prensa dese país, así como pola nula aportación económica nos Presupostos Xerais do Estado ao dique flotante.
Ademais, o rexedor socialista acusa ao presidente da SEPI, Ramón Aguirre, de non cumprir coa palabra dada aos alcaldes deste organismo supramunicipal o pasado mes de xuño, cando se comprometera a volver a Ferrol no mes se setembro para seguir tratando cuestións da importancia do dique flotante e carga de traballo para os asteleiros da ría. “Xa estamos en setembro, e como ocurrira coa xa disolta unilateralmente por Navantia Comisión de Seguimento do dique, o Partido Popular segue mirando para outro lado e incumprindo as súas promesas”, asegurou Iglesias, que subliñou que “os traballadores levan tres semanas pechados no Consistorio de Ferrol sen que os responsables políticos do PP teñan feito nada ao respecto”. “Ante esta dramática situación, constatada cos cero euros que lle asignan ao dique os Presupostos Xerais do Estado para 2013, a Mancomunidade non pode permanecer allea e en total pasividade”, dixo o alcalde de Ares, que apostou pola convocatoria urxente da mesma para tratar incluso as medidas de presión coas que os rexedores da comarca esixan o dique.
Por outra banda, Iglesias referiuse aos presuntos contratos asinados con Pemex para a construcción de dous floteis en Galicia, un deles en Navantia. Despois de que o director xeral da petroleira e a prensa mexicana cuestionaran e incluso negaran a existencia dese contrato, o máximo responsable da administración local aresá considera fundamental tratar o tema, nomeadamente “e para sorpresa do resto dos alcaldes”, cando José Manuel Rey si asegurou que tivera acceso a ditos contratos. “Xa que el afirma que veu uns documentos que lle foron negados sen razón ningunha ao resto, o normal e lóxico ante as últimas novas e que convoque á Mancomunidade e nos explique polo miúdo o contenido dos mesmos, que a día de hoxe son unha incógnita para todos, incluidos os traballadores de Navantia, que son os máximos interesados”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares