Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno da o visto bo ao convenio con Fene e Mugardos para a xestión dos bombeos da EDAR
28 Setembro 2012 11:44
O pleno da corporación, reunido esta mañá en sesión ordinaria de fin de mes, aprobou o convenio de colaboración marco para a xestión compartida do servizo de bombeos da obra “Actuación de saneamento na zona norte da ría de Ares e na zona sur da ría de Ferrol” (EDAR). Como explicou o alcalde, Julio Iglesias, este acordo implica aos municipios que comparten os colectores, isto é, Mugardos, Fene e Ares, e resposta á necesidade de compartir uns gastos de conservación e mantemento de ditos colectores, posto que a adxudicación da EDAR por 20 anos contemplaba a construcción e xestión da estación depuradora pero non a xestión do servizo de bombeos –unicamente figuraba a execución da obra-.
O convenio, asinado polos rexedores dos tres Concellos e refrendado polos seus respectivos plenos, obtivo en Ares o respaldo de todos os grupos agás do BNG, que se abstivo –mesma postura que adoptou en Fene, donde goberna o PP, mentres que en Mugardos, donde goberna o BNG, todos os grupos votaron a favor agás o PP-.
Así mesmo, na sesión de hoxe quedaron resoltas as alegacións presentadas ás expropiacións para o traslado da pista deportiva cuberta do CPI Conde de Fenosa, unha actuación que asumirá o Concello en base a un convenio establecido con Educación para que esta última asuma a necesaria ampliación do centro escolar no lugar no que ata agora se ubica o pavillón. Así, do pleno sae o acordo para solicitar á Xunta de Galicia que declare a ocupación urxente destes terreos, sobre os que se construirá a nova pista cuberta.
As festividades locais tamén quedaron fixadas no pleno de hoxe, acordando, un ano máis, que en 2013 sexan non lectivos o Mércores de Cinza, que será o 13 de febreiro, e o Voto de Chanteiro, a celebrar o 21 de maio.
Finalmente, no apartado de mocións, o pleno aprobou por unanimidade unha moción pactada polos grupos na xunta de voceiros do venres pasado, na que se insta á Deputación a consignar partida orzamentaria no exercicio de 2013 para iniciar os traballos de mellora da estrada que une Ares con Chanteiro, unha vez que queden resoltas as expropiacións correspondentes e rematen os traballos na rede de abastecemento en Cervás.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares