Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O vindeiro mes de novembro comezará unha nova edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala
26 Setembro 2012 12:21
Os Concellos de Ares e Mugardos, a través das súas respectivas Concellarías de Deportes, anuncian a apertura do prazo para inscribirse na sexta edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Inverno 2012-13 que, como nas anteriores edicións, disputarase entre os meses de novembro a abril nos pavillóns deportivos municipais de Ares e Mugardos. Segundo informaron dende os Consistorios, o máximo de participación estableceuse en 16 equipos.
Para tomar parte neste torneo será condición indispensable ter os 18 anos cumpridos antes da disputa do primeiro partido no que se participe. Así mesmo, fixouse unha cota de participación por equipo de 275 euros, dos que 200 corresponden á inscripción e os 75 restantes serán de fianza e devolveranse a todos os equipos que rematen o campionato sen recibir sanción disciplinaria ningunha. Cada equipo terá un máximo de doce xogador@s inscrit@s, d@s cales un máximo de seis poderán atoparse federad@s nesta disciplina.
Os partidos xogaranse os mércores, xoves e venres, en horario entre as 20,30 e as 23,30 horas, no pavillón deportivo municipal de Ares ou no de Mugardos. O sistema de competición será o de liguiña previa na que xogarán todos contra todos, e despois haberá unha segunda fase na que os primeiros clasificados disputaranse o título mentres que os últimos xogarán os postos de consolación.
Segundo consta nas bases, recibirán trofeos os catro primeiros clasificados, que tamén obterán catro vales en material deportivo de diversa contía. No caso da liguiña de consolación, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados. Ademais, o máxim@ goleador@ e o porteir@ menos batido terán unha distinción especial.
As solicitudes de participación coa lista de xogadores será enviada obrigatoriamente por correo electrónico a deportes@mugardos.dicoruna.es, e unha vez confirmada a participación no torneo, o equipo procederá a ingresar a taxa de inscripción no número de conta que se dará a tal efecto.
As persoas que queiran recibir máis información deberán dirixirse aos Concellos de Ares e Mugardos, nas dependencias municipais de Deportes de ambos consistorios (Alianza Aresana en Ares e baixos do Concello en Mugardos), nos teléfonos 981448057 de Ares e 981470338.Ext3 de Mugardos, en horarios de 10 a 14 horas. O prazo límite de inscripción son ás dúas da tarde do martes 23 de outubro. A reunión de equipos será o xoves día 25 de outubro ás sete da tarde no salón de plenos do Concello de Mugardos, sendo obrigatorio levar o xustificante do ingreso no número de conta que se indique.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares