Os socorristas atenderon no verán un total de 322 incidencias nas praias de Ares, Seselle e Chanteiro
26 Setembro 2012 11:21Unha vez rematada a tempada de praias e co outono xa metido de cheo, chega o momento de facer balanzo. E así o fixeron dende a área de Seguridade, que dirixe o concelleiro socialista Eugenio Fernández Lago, que presentaba o pasado venres na comisión informativa correspondente un dossier coas incidencias atendidas polos socorristas durantes os meses de xullo, agosto e setembro.
Os areais vixilados polos socorristas, os de Ares, Seselle e Chanteiro foron os que integran este balance, no que se conclúe que ao longo destes tres meses estivais foron un total de 322 as incidencias rexistradas e atendidas. As picaduras de escarapote foron as máis numerosas, con 174 actuacións nas tres praias -152 en Chanteiro-, seguidas de cortes, con 76 incidencias.
Así mesmo, os socorristas atenderon 13 avisos de embarcacións e motos de auga; 11 picaduras de insectos voladores e outras tantas contusións; 10 abrasións e tamén 10 limpezas oculares; seis reaccións alérxicas e outros seis avisos por animais; e tres extraccións de corpos extraños.
A praia que rexistrou un maior número incidencias foi a de Chanteiro, con 198, e a que menos, a de Seselle, con 38.