Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 02 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde acusa ao Xefe Territorial de Educación de "pasar" e "ningunear" os problemas do Conde de Fenosa
26 Setembro 2012 10:40
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acusou ao Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana, de “pasar” e “ningunear” os problemas do CPI Conde de Fenosa, xa que despois de máis dunha semana, aínda non respostou a unha solicitude de reunión urxente do rexedor socialista.
Como puxo de manifesto Iglesias, unha vez máis, os responsable da Consellería de Educación amosan un total desprezo polo centro público de Ares, cando éste precisa da atención dos políticos competentes na materia para poder resolver unha serie de problemas urxentes. Nomeadamente, refírese o alcalde á necesidade de compartir os gastos que se derivan do uso escolar do pavillón, que ata o momento asume en solitario o Concello cando se trata dunha competencia autonómica; ao compromiso adquirido pola propia Consellería de Educación antes do verán, e non cumprido por parte dos responsables autonómicos, de aportar a pintura necesaria para proceder ao pintado exterior do colexio; e á urxencia de estudar o que está ocurrindo no comedor, con queixas recibidas no Consistorio sobre presuntas irregularidades na tramitación dos datos para acadar praza. Sobre este último punto, Julio Iglesias destacou que é fundamental non so abordar este problema, senón deixar pechado para o vindeiro curso a ampliación do comedor escolar, que solucionaría calquera posible e suposta irregularidade. Como subliñou o alcalde, Ares é un dos poucos municipios que seguen incrementando a súa poboación, polo que precisa tamén incrementar o número de servizos públicos que se prestan á cidadanía.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares