O pleno elixiu aos 72 integrantes das mesas electorais para os comicios do 21 de outubro
25 Setembro 2012 13:38A corporación municipal reuníuse esta mañá en sesión plenaria extraordinaria co obxectivo de elixir aos 72 integrantes das oito mesas electorais nas que os aresáns poderán exercer o seu dereito ao voto nos comicios autonómicos do vindeiro 21 de outubro.
Un programa informático determinou dun xeito aleatorio, como xa aconteceu en anteriores citas electorais, o nome das persoas que exercerán como presidente e vocais de cada unha das mesas, así como os suplentes das mesmas.
Agora, o Concello encargarase de entregar as notificacións correspondentes aos interesados. Éstes, pola súa banda, disporán de sete días para presentar ante a Xunta Electoral as alegacións que estimen oportunas.