Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 27 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde lémbralle a Feijóo que non so deixa nos seus postos aos imputados do PP, senón que tamén permite que continúen cando teñen unha sentenza condeatoria
25 Setembro 2012 11:17
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, lembroulle ao candidato á Presidencia da Xunta polo PP, Alberto Núñez Feijóo, que non so non aparta dos seus cargos públicos aos imputados, senón que incluso deixa que continúen nos seus postos cando teñen unha sentenza condeatoria, como é o caso de Manuel Cendán, ex rexedor de Ares e actual voceiro do Partido Popular no Concello. Refírese Iglesias ás manifestacións realizadas estes días polo que foi neste mandato presidente da Xunta, que aseguraba textualmente que “no meu partido (PP) non cabe ningún tipo de irregularidade e no meu partido non cabe ningún tipo de sospeita”, ao tempo que afirmaba que o PP aparta a todos os imputados por calquera causa e reclámalles responsabilidades.
O rexedor socialista destacou que o seu grupo leva anos –dende que foi imputado polo Julgado do Penal número 2 de Ferrol- pedindo esas responsabilidades a Cendán e esixindo a Feijóo que aplique o código ético do que tanto presume, sen que “ninguén se teña movido nin un ápice”. “O PP non fixo nada cando Cendán foi imputado, pero tampouco cando foi condeado por manipular o censo antes das eleccións municipais de 2003, hai xa medio ano”, asegurou Iglesias, que instou a Feijóo a manterse calado neste tema “porque neste municipio ten un caso que confirma que esa ética e moral recta que vende a bombo e platillo é so unha fachada”.
Hai que lembrar que o Penal nº 2 de Ferrol fallaba o pasado mes de marzo en contra de Manuel Cendán, condeándoo a cinco anos de inhabilitación por manipular o censo de Ares –quedou probado, segundo o fallo, que censou dun xeito irregular a, polo menos, 73 persoas-. Pero a pesares desta circunstancia, Cendán, que presume cando se lle piden responsabilidades de contar co apoio da cúpula do PPdeG e do propio Feijóo, segue ostentando a portavocía do grupo municipal do PP en Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares