Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde pide reunirse co responsable territorial de Educación para abordar os temas pendentes do CPI
19 Setembro 2012 11:59
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, vén de solicitar unha reunión urxente co xefe territorial de Educación da Xunta, Indalecio Cabana, para abordar unha serie de cuestións de importancia que aínda non foron atendidas pola administración autonómica a pesares do inicio do curso escolar. En primeiro lugar, o rexedor socialista lémbralle ao responsable de Educación na zona que se establecera un compromiso para levar a cabo o pintado exterior do colexio, quedando o Concello a cargo dos traballos en sí mesmos, mentres que Educación poría a pintura.
Pero o certo é que, pasaron xa os meses estivais –os máis axeitados, por outra banda, para desenvolver as obras polas vacacións dos nenos e nenas e polas condicións meteorolóxicas deste tempo- e a Consellería non mandou pintura ningunha.
Os custes do pavillón constitúen outro dos puntos que Iglesias pretende abordar con Cabana. En este sentido, o alcalde explicou que na actualidade o Concello asume en solitario todos os custes derivados do uso do centro escolar no pavillón, cando se trata dunha competencia autonómica. Para Iglesias, é necesario establecer unha colaboración e, a este respecto, amosou o compromiso de asumir unha parte –incluso máis da metade- das horas demandadas polo CPI Conde de Fenosa, pero solicita ao xefe territorial que a Consellería, que é a que ten as competencias na materia, aporte a outra parte.
Finalmente, e xa con vistas a que quede pechado para o vindeiro curso, Julio Iglesias quere tratar con Indalecio Cabana a necesidade de incrementar o número de prazas do comedor escolar. O rexedor aresán subliñou que o municipio segue subindo en número de habitantes, pero mentres o Concello está a incrementar os servizos que se prestan aos veciños e veciñas con escola infantil, a ampliación de centro de maiores ou centro de día, a Consellería de Educación non está a ampliar o comedor, que resultaría fundamental para respostar ás necesidades das familias.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares