Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares informa de que está aberto o prazo de solicitude de uso do pavillón municipal
19 Setembro 2012 11:57
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que continúa aberto o prazo de solicitude de uso da instalación deportiva do Pavillón Deportivo Municipal, tanto para o seu aluguer diario coma para o seu uso dende o mes de outubro ata o mes de xuño de 2013. Os interesados deben pasar polas dependencias do pavillón deportivo municipal e cumprimentar un impreso de solicitude de instalación, ou ben facelo descargando o impreso da web municipal www.concellodeares.com e despois envialo a pavillonares@gmail.com.
O prazo estará aberto ata as oito da tarde do 27 de setembro, data na que se procederá á adxudicación das horas de uso da instalación atendendo aos criterios de preferencia establecidos no regulamento da devandita instalación deportiva. Deste xeito, o día 1 de outubro comezará a rexir dito horario no pavillón deportivo municipal. Para todos os interesados/as en alugar a instalación deportiva durante o mes de setembro, anúnciase que simplemente será preciso pasar polas dependencias da instalación deportiva e solicitar horario de uso para dito mes.



ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS
Tamén as Concellarías de Deportes e de Cultura informan de que xa deu comezo o período de inscripción nas Escolas Deportivas e Culturais municipais do curso 2012-13, e que, no caso das deportivas, son un total de 14: Ximnasia adultos mañás e tarde, Ximnasia terceira idade, Ioga, Ximnasia nas Parroquias, Fitness, Tenis, Baile moderno, Fútbol, Rítmica, Tiro con arco, ás que hai que sumar outras seis que se farán xunto co Concello de Mugardos e que son minibaloncesto, xadrez, danza do ventre, vela, spinning e balonmán. Tamén se atopa aberto o ximnasio municipal en horario de mañá e de tarde.
No caso das Escolas Culturais, a oferta é de 10: iniciación musical, inglés, teatro, debuxo e pintura, gaita e percusión, informática e divertixogos.
Para obter máis información así como os horarios e normativa de cada unha delas, é preciso pasar polas dependencias do pavillón deportivo municipal de Ares. O horario do Pavillón deportivo municipal, dependencia na que se tramitarán as solicitudes, é de luns a venres de 9 a 13h. e de 16,30 a 22,30 h. de luns a venres, de 10 a 13h os sábados e domingos polas mañás. Dito trámite tamén pode formalizarse a través do correo da instalación ( pavillonares@gmail.com) as 24 horas do día.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares