Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 21 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O paseo marítimo acollerá esta fin de semana a terceira edición da Feira Mariñeira
21 Agosto 2012 15:07
Numerosos postos, a maior parte adicados á artesanía, integran esta iniciativa, que organiza a concellaría de Cultura aresana

Por terceiro ano consecutivo, e despois dun rotundo éxito de participación e resposta veciñal nas edicións anteriores, o Concello de Ares, a través da área de Cultura, que dirixe Eugenio Fernández Lago, organiza a Feira Mariñeira, que se desenvolverá durante os días 24, 25 e 26 de agosto no entorno do paseo marítimo local. Nomeadamente, serán uns 60 os postos que ocuparán a superficie comprendida entre O Gaiteiro e o parque Rosalía de Castro e que, na súa maior parte, estarán adicados a artesanía, aínda que tamén haberá outros, como os de venta de produtos gastronómicos.

A decoración pesqueira de feira e as actuacións de animación achegarán aos veciños e turistas ao mar, que foi importante fonte de riqueza-e aínda segue, aínda que con menos incidencia que antaño- do municipio durante moito tempo e co que este grupo de goberno quere serguir mantendo os lazos. Por iso, o concelleiro de Cultura fai un chamamento aos aresáns e visitantes para que a súa participación vaia máis aló da simple presenza na feira e, así, acudan a ela coa vestimenta típica mariñeira. Deste xeito, dende o Concello tamén se solicita a colaboración de hostaleiros e residentes na zona para que, ademais da decoración específica e temática de cada posto, os motivos mariñeiros sexan os protagonistas das rúas, vivendas e establecementos, adornando os locais e edificios cos aparellos e motivos que fagan de Ares durante esta fin de semana a capital mariñeira, polo menos, da comarca.

A III Feira Mariñeira contará ademáis con diversos espectáculos en vivo de música ou baile que amenizarán, sen lugar a dúbidas, as xornadas festivas. A Feira quedará inaugurada o venres 24 ás seis da tarde, dando comezo a unha celebración na que os asistentes poderán disfrutar dos postos e ambiente mariñeiro e que, a partires das 20.30 horas, estará animada por un pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Ría de Ares.

Durante a xornada do sábado, día 25, na que os postos estarán abertos xa dende cedo, están previstas varias actuacións, sendo as máis destacadas o que será o I Concerto Fin de Verán, a cargo da Agrupación Os Bohemios de Ferrol e que se levará a cabo na Igrexa San Xosé ás oito da tarde. Unha hora máis tarde, a Rondalla os Trovadores de Ares será a encargada de facer un pasarrúas polo paseo marítimo.

O Grupo de Baile Areas do Mar, iniciará a xornada musical do domingo, día 26, cunha actuación ás sete da tarde no Casino Aresano, e que inclúe un pasarrúas do Grupo de Gaitas Aresán unha hora despois. O remate da Feira está previsto ás dez da noite, hora á que se dará despedida a unha celebración á que se pretende dar continuidade en vindeiros anos e, deste xeito, achegar a milleiros de visitantes ao municipio ao tempo que se recuperan as tradicións vencelladas a unha vila mariñeira como é Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares