Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 07 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A XXV edición do Torneo de fútbol Concello de Ares rematará o domingo cun partido entre o Racing de Ferrol e o Celta de Vigo B
13 Agosto 2012 15:35
A cita deportiva que promoven o Concello e o Numancia clausurarase cun encontro entre o Racing de Ferrol e o Celta de Vigo B que se disputará o vindeiro 19 de agosto

ARES, 13 DE AGOSTO DE 2012.- O Concello de Ares, a través da área de Deportes, e o Numancia están detrás da celebración da vintecinco edición do Torneo de Fútbol Concello de Ares. Esta cita deportiva desenvolveuse a pasada fin de semana (sábado e domingo) no campo de fútbol municipal de Prados Vellos ca disputa dun cuadrangular, no que resultou vencedor o equipo do Mañinos, e clausurarase o vindeiro domingo, día 19, coa celebración dun partido entre dous equipos galegos de categorías superiores.
Precisamente esta mañá presentouse o encontro nunha rolda de prensa no Consistorio aresán, na que estiveron presentes tanto representantes muncipais, co edil de Deportes ao fronte, José Juan Vilar, como membros da Xunta Directiva do Numancia, e na que os principais protagonistas foron dous recoñecidos xogadores locais, Edu Iglesias e Alejandro Permuy, xogadores do Racing de Ferrol e do Celta de Vigo B respectivamente, os dous equipos que disputarán o partido do día 19, que se celebrará ás seis da tarde no Campo de Prados Vellos, e que supón o colofón deste importante Torneo que este ano celebra unha edición tan sinalada.
Na presentación celebrada hoxe, ambos xogadores amosaron a súa satisfacción por regresar ao campo onde se iniciaron neste deporte, destacando, en palabras de Alejandro Permuy que “é moi bonito poder voltar a casa para disputar un encontro entre dous equipos tan relavantes dentro do panorama deportivo galego”, e moi especialmente co Racing de Ferrol, equipo do que el formou parte durante varias tempadas. Eduardo Iglesias, pola súa parte, indicou que “o importante non é o resultado, senón que é un partido moi sinalado e especial para todos, que haberá que disfruta tao máximo”.
En canto aos representantes do Numancia, os directivos do clube local, sinalaron o seu agracecemento ao Concello pola colaboración prestada nesta cita, que agardan sexa, ao igual que nos anos anteriores, “un éxito de público”, ao tempo que desexaron aos xogadores locais que continúen cos seus progresos deportivos, que “supoñen un exemplo para tódolos rapaces e rapazas de Ares”.
O edil de Deportes, José Juan Vilar, conclui dicindo que este segundo acto do XXI aniversario do Trofeo de Fúlbol Concello de Ares, supón “a culminación dun evento deportivo tan destacado que é unha festa para tódolos amantes deste deporte”.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares