Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde aplaude a licitación do centro de saúde, pero lembra que o proxecto leva un retraso de dous anos sobre a última data comprometida pola Xunta
13 Agosto 2012 11:08
Julio Iglesias manifestou a súa satisfacción porque “por fin” o Executivo autonómico, aínda que destacou que “non deixa de ser sospeitoso que este anuncio sexa ás portas das importantes eleccións galegas”.

O rexedor, que destaca que o edificio estará “onde quere o pobo”, confía en que as obras agora se executen en prazo e, deste xeito, o novo centro de saúde poida estar funcionando no vindeiro ano.

ARES, 11 DE AGOSTO DE 2012.- O vindeiro mes de setembro cúmprense dous anos dende que a Consellería de Sanidade, en palabras da que entón dirixía este departamento, Pilar Farjas, anunciaba publicamente a licitación inminente do novo centro de saúde de Ares. Un anuncio que fora confirmado so uns días despois ao alcalde local, Julio Iglesias, nunha reunión celebrada en Santiago, na que ademais, o rexedor socialista era informado sobre o contido do proxecto, o investimento (2,26 millóns de euros), o prazo de execución (11 meses) e as previsións da obra (a Xunta afirmaba que o novo edificio estaría operativo en 2011). Pasado todo este tempo, con múltiples reunións promovidas polo rexedor aresán, protestas (a última, a realizada coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, en febreiro deste mesmo ano) e iniciativas municipais e parlamentarias do grupo socialista, o DOG publicaba -nomeadamente onte, día 10 de agosto de 2012- a licitación desta intervención.

Para o alcalde, Julio Iglesias, o “inxustificable retraso” desta actuación, de máxima prioridade e urxencia non só para o goberno local socialista e para o conxunto da cidadanía local, senón tamén para a propia Área Sanitaria (así se recollía no Plan Funcional realizado durante o Goberno de Touriño), non impide que se amose satisfeito de que “por fin” a Xunta, “aínda que o faga sospeitosamente cando nos atopamos ás portas dunhas importantes eleccións autonómicas”, licite e poña datas concretas á execución do novo centro de saúde. Centro que, hai que lembrar, a Xunta realizará no lugar demandado dende un principio polos responsables municipais e o pobo e non na parcela de Pedrós, alonxada do núcleo da vila, que defendeu o líder do PP, Manuel Cendán.

Así mesmo, Iglesias reclamou á Xunta de Galicia que “esta vez actúe coa mesma dilixencia que vén caracterizando ao Concello de Ares -tal e como recoñeceu a mesma Consellería de Sanidade por escrito- e reduza ao máximo os prazos e trámites para poder rematar os traballos á maior brevidade posible”.

Hai que lembrar que a construcción dun novo centro de saúde en Ares -o que ten remóntase a hai máis de 30 anos e está obsoleto e carente de servizos e espazos básicos para un municipio que non deixa de crecer e que, ademais, en verán chega a triplicar a súa poboación-, fora comprometido xa polo anterior Goberno da Xunta do PSOE. Entón, as dúas amdinistracións asinaran un convenio de colaboración e incluso a Consellería de Sanidade redactara un proxecto, que unha vez producido o cambio de Goberno en San Caetano foi rexeitado, dando inicio a un novo proceso que, despois de levar parexo un elevado número de trámites novos pero cumpridos dilixentemente pola administración local, estivo parado sin razón algunha durante estes dous últimos anos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares