Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Peña Rodaballo e o Concello organizan a que será a quinta edición do Encontro Infantil de Pesca, que se celebrará este sábado
07 Agosto 2012 13:43
Nesta actividade poderán tomar parte os nenos e nenas ata os 18 anos

O cada vez máis destacado éxito de participación levou á Peña O Rodaballo de Ferrol e ao Concello de Ares a celebrar un ano máis, e xa van cinco, o Encontro de Pesca Infantil “Concello de Ares”, que se desenvolverá na praia de Ares- na zona comprendida entre a caseta de socorrismo e a rampa do Club de Remo- na tarde do sábado día 11 do presente mes de agosto. E hoxe mesmo, os responsables dos dous organizadores- pola Peña o seu Presidente, Alberto López Redondo, e polo Concello o edil de Deportes, José Juan Vilar- comparecían esta mañá para dar a coñecer o contido desta iniciativa, que únicamente pon nos 18 anos o límite de idade para a participación.
As persoas interesadas en tomar parte nesta actividade, coa que se pretende, como dixo López Redondo, “inculcar en los niños el interés por el deporte”, poden apuntarse ata este venres, día 10, na Alianza Aresana ou ben no correo electrónico: rodaballoferrol@gmail.com. En total, haberá arredor de 50 prazas para os nenos e nenas que desexen pasar a tarde do sábado pasando un bo rato coa pesca en Ares. Todas as incripcións deberán levar a pertinente autorización da nai/pai/titor do participante, documento que xa se inclúe na propia folla de inscripción.
O encontro comezará, o día 11, arredor das catro da tarde, coa concentración dos nenos e nenas (que, evidentemente, poderán estar acompañados ao longo da tarde dos seus pais) no mesón-pizzería Corbalán (no paseo marítimo). Media hora máis tarde procederase ao sorteo dos postos dos participantes, para iniciar a proba ás cinco da tarde. Ata as 20.00 horas, os rapaces poderán pescar, estando prevista a entrega de trofeos a todos os participantes- hai que lembrar que a proba non ten carácter competitivo- por parte dos organizadores dunha actividade que tamén inclúe a merenda aos nenos e nenas que tomen parte na mesma.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares