Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares conta desde esta tarde cun monumento de homenaxe aos 21 presos da comarca que estiveron no campo de concentración de Mauthausen
26 xullo 2012 09:44
O alcalde, Julio Iglesias, encabezou a comitiva, formada por outros rexedores e políticos dos municipios de donde procedían os presos, familiares, o escultor Miguel Couto e veciños e veciñas da vila

Iglesias destacou que o monumento, ubicado no parque municipal Rosalía de Castro, representa unha alegoría á liberdade, cos raís do tren que levaba aos campos mirando cara o ceo e cos nomes dos presos

O parque municipal Rosalía de Castro conta dende esta tarde cun monumento de homenaxe aos 21 presos que estiveron presos no campo de concentración de Mauthausen durante o nazismo. Como explicou o alcalde de Ares, Julio Iglesias, que encabezou a comitiva de autoridades –entre os que se atopaban os rexedores de Ferrol, José Manuel Rey, e o de Fene, Gumersindo Galego-, familiares e veciños e veciñas da vila, así como o “alma mater” do acto, o historiador Enrique Barrera, e o escultor Miguel Couto, trátase dunha alegoría á liberdade. E é que os habituais raís polos que pasaban os trens que levaban aos presos aos campos de concentración convírtense nesta escultura de Couto nunha especie de escalóns que conducen ao ceo, cos nomes de cada un dos 21 presos nas súas travesas.
Ademais de descubrir unha placa conmemorativa deste emotivo acto, os familiares chegados de diferentes lugares –entre eles, os municipios dos que procedían as 21 persoas homenaxeadas hoxe e mañá: Ferrol, Fene, Ares, Mugardos, Cedeira, Ortigueira, A Capela, Monfero e Miño- deixaron claveis vermellos na escultura que a partires de agora servirá para lembrar a uns veciños que tiveron, como dixo Iglesias, a “desgracia de vivir a barbarie dos campos de concentración”.
Un pouco antes, a Casa da Xuventude acolleu a proxección dun documental e unha exposición sobre estes 21 presos, dos que once conseguiron sobrevivir a Mauthausen. Varios centos de persoas deixaron pequena a sala de exposicións deste inmoble municipal, o que da boa conta do éxito da iniciativa; unha homenaxe na que o alcalde de Ares tivo tamén unhas palabras de agradecemento ao historiador Enrique Barrera, cuxa colaboración e investigación foron decisivas á hora de levar a cabo este acto. Así mesmo, valorou a postura de todos os alcaldes dos municipios dos que procedían estes presos, de diferentes partidos, posto que “ante esta oportunidade, todos soubemos estar á altura das circunstancias”.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares