Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares rinde homenaxe aos veciños da comarca que estiveron en Mauthausen
19 xullo 2012 15:15
A homenaxe, que conta coa colaboración da Diputación coruñesa e os concellos de procedencia dos presos, está organizada polo Concello de Ares xunto coas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán

Os actos desenvolveranse durante os días 26 e 27 de xullo en Ares, coa presenza das familias dos homenaxeados

A comezos de 2011, as asociacións ferrolás Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán acordaron desenvolver unha iniciativa para render homenaxe aos veciños das bisbarras de Ferrolterra, Eume e Ortegal que padeceron prisión nos campos nazis de exterminio. Foi ao comezo deste ano cando o alcalde de Ares, Julio Iglesias, tivo coñecemento desta iniciativa e decidiu implicarse activamente nela, promovendo e organizando xunto coas dúas asociacións un acto homenaxe aos veciños de Ferrolterra, Eume e Ortegal que estiveron presentes nos stalags nazis, a maioría deles en Mauthausen, e que finalmente se levará a cabo durante os días 26 e 27 de xullo no municipio aresán
Para poder facer realidade este proxecto, o rexedor socialista estableceu os contactos necesarios cos distintos alcaldes dos Concellos de procedencia dos presos–A Capela, Fene, Ferrol, Cedeira, Monfero e Miño- quenes acolleron a iniciativa cun grande interés amosando dende o primeiro momento a súa vontade de colaborar no acto, froito do cal surxiu un acordo de colaboración asinado por tódolos rexedores, no cal se recolle tanto o obxecto da homenaxe, como o programa de actividades e as aportacións económicas de cada Concello, que foron de carácter voluntario e nas que todos participaron na medida das súas posibilidades. Ademais, contouse coa axuda da Diputación Provincial, quen colaborou cunha achega económica para sufragar gran parte dos gastos da homenaxe, colaborando tamén a través do departamento de Imprenta na edición dun libro conmemorativo, “Galegos en Mauthasen”, obra de Enrique Barrera, secretario da asociación Memoria Histórica Democrática, que será entregado como obsequio aos asistentes, ademais de distribuirse entre os concellos colaboradores e outras entidades, coa finalidade de dar a coñecer as experiencias dos 21 veciños da comarca que estiveron presos en Mauthausen.
Precisamente, segundo destacou na rolda de prensa celebrada hoxe na alcadía de Ares o autor da obra, este é o obxectivo principal da homenaxe, a de “ofrecer unha visión didáctica á poboación das causas dos internamentos e das vivencias dos 21 veciños da comarca que estiveron alí presentes”, ademais de “convertirse nun acto de coñecemento das familias dos presos, dando a aportunidade aos seus descendentes de xuntarse e poder compartir as súas experiencias” durante a homenaxe.
Pola súa parte, o rexedor socialista, Julio Iglesias, quixo agradecer á asociación de Memoria Histórica Democrática e a asociación Fuco Buxán que esta homenaxe se leve a cabo no municipio aresán e destacou a “importancia de rendir homenaxe aos 21 veciños da comarca que tiveron a desgraza de padecer este horror”. O alcalde lembrou cando nos anos oitenta algúns xornais publicaban listados cos nomes dos represaliados, momento no que tivo coñecemento da existencia de dous veciños de Ares, nomeadamente da parroquia de Cervás, destacando a “honra que supón cuarenta anos despois, agora como alcalde, poder facer realidade tan merecido recoñecemento aos nosos veciños e ás súas familias”.
O alcalde quixo agradecer tamén a colaboración da Diputación Provincial, sen a cal a homenaxe non sería posible, e dos alcaldes dos concellos de procedencia dos presos- A Capela, Fene, Ferrol, Cedeira, Monfero e Miño- por acoller tan favorablemente a iniciativa e prestar a súa axuda para poder levala a cabo, dando deste xeito a “coñecer un dos momentos máis tráxicos da nosa historia onde o horror e o terror está elevado ao seu grao máximo”, concluindo con que “ o duelo forma parte da nosa existencia en un contexto de ditadura era moi difícil de expresar” pero “ainda estamos a tempo de recuperar a memoria, a nosa historia, e de non esquecer”.

Programa de actos
De acordo coas suxerencias aportadas por Memoria Histórica Democrática, a homenaxe que se celebrará no municipio de Ares inclúe a realización dunha serie de actos en recordo dos veciños de Ferrolterra, Eume e Ortegal presentes nos stalags nazis, durante os días 26 e 27 de xullo, e no que estarán presentes tanto os familiares dos homenaxeados como os representantes das institucións que colaboraron na iniciativa, ademais de membros do movemento asociativo do municipio e da comarca.
Así, o programa de actos comezará o xoves día 26, ás 19.00 horas, na Casa de Xuventude, onde o alcalde pronunciará o discurso de apertura e quedará inaugurada a exposición fotográfica “os nosos veciños en Mauthausen”. Ademais, levarase a cabo a proxección do documental obra do fotógrafo e documentalista Xosé Abad “Galegos en Mauthausen”.
A continuación, procederase á inauguración do monumento conmemorativo, “Escaleira o ceo”, obra do escultor Miguel Couto, en homenaxe aos veciños presos en Mauthausen, que será instalado nas inmediacións do Parque Rosalía.
Ao día seguinte, venres día 27, ás 19.30 horas, terá lugar unha conferencia coloquio na Alianza Aresana, a cargo de Ana María Sánchez Alcubierre, da asociación Amicale de Mauthausen, e Enrique Barrera Beitia, da asociación Memoria Histórica Democrática. Neste acto, repartirase aos asistentes o libro “Galegos en Mauthausen”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares