Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Parque Rosalía acollerá o vindeiro sábado a cuarta edición da Festa da Xiba
19 xullo 2012 11:33
O concelleiro de Cultura de Ares, Eugenio Fernández Lago, e a presidenta da Asociación de Empresarios de Ares (Asemares), Ana María García, xunto coa tesoureira da asociación Mari Carmen Abeal, presentaron esta mañá en rolda de prensa a que será a cuarta edición da Festa da Xiba, que se desenvolverá o sábado, día 21, no parque municipal Rosalía de Castro.
Esta iniciativa, que promove a asociación de hostaleiros en colaboración co Concello de Ares, ten como principais obxectivos a dinamización e potenciación da hostalaría local, así como incrementar a oferta turística dun municipio que ten neste sector un dos pilares económicos fundamentais e que durante o verán chega a triplicar a súa poboación.
Esta festa gastronómica, que xa se ten convertido nun referente na comarca dentro deste tipo de celebracións, comezará ás 13.30 horas e prolongarase ata agotar existencias. A organización, segundo puxo de manifesto na rolda de prensa desta mañá, mostrouse optimista e, a este respecto, conta con repartir máis de mil racións- incluso acadar as 1.500-, superando as excelentes cifras dos anos anteriores.
O prezo é popular, ascendendo a nove euros cada ración que inclúe a xiba guisada con guarnición nuha cunca de barro conmemorativa da festa, bebida –viño, auga ou refrescos- e pan. Ademais, os asistentes poderán gozar da actuación musical de “Nina” dende o comezo da celebración na carpa habilitada para a ocasión no Parque Rosalía.
As responsables de Asemares destacaron o esforzo realizado polo Concello na festa gastronómica, xa que sen o seu traballo e aportación sería imposible desenvolver unha iniciativa como esta. Pola súa banda, o concelleiro de Cultura fixo un chamamento aos veciños e turistas para participar neste evento, que xa está consolidado e integra o calendario de festas gastronómicas da época estival.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares