Iglesias recibe a confirmación da Diputación de que o proxecto de mellora da estrada Ares- Chanteiro continúa os trámites previstos
29 xuño 2012 10:08O Alcalde de Ares, Julio Iglesias, ven de recibir esta maña por parte do presidente da Diputación Provincial, Diego Calvo, a confirmación de que o proxecto de mellora do vial de Ares a Chanteiro segue o seu curso.
Cabe sinalar que nestes momentos a Diputación está a coordinar xunto coa dirección de obra do proxecto de abastecemento á parroquia de Cervás o trazado da tuberÃa da auga co proxecto de mellora do vial que se vai executar, xa que as tuberÃas que se colocarán unha vez se tramiten as acometidas transcorrerán pola estrada de titularidade provincial e que compre agardar ao remate das obras da Edar, prevista para os vindeiros meses, para poder executar o proxecto da estrada.
Dende o Concello infórmase que no transcurso deste tempo, ata que a mellora no vial e a reposicición do firme sexan definitivas, dende a administración municipal levaranse a cabo traballos de mantemento para causar os menores trastornos á poboación por mor das obras.