Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Pleno aproba a expropiación dos terreos necesarios para poder levar a cabo a ampliación do CPI Conde de Fenosa
29 xuño 2012 09:30
O Pleno da corporación aprobou na sesión de hoxe, co voto en contra do PP, a ocupación dos terreos para a ampliación do centro escolar

Na sesión plenaria celebrada esta mañá no Consistorio aresán, aprobouse a expropiación dos terreos necesarios para poder levar a cabo a ampliación das instalacións do CPI Conde de Fenosa.
A aprobación de hoxe - que contou co voto en contra do PP- responde ao cumprimento dos trámites necesarios para poder iniciar os traballos de ampliación das instalacións do centro educativo. Deste xeito, fíxose necesario redactar e aprobar unha modificación das normas subsidiarias, en vigor dende a anulación pola Xustiza do PXOM de 1999, para permitir integrar e aumentar o espazo dotacional no ámbito do centro actual, que polas súas dimensións facía inviable a súa ampliación ao non contar coa superficie suficiente para cumprir cos diferentes estándares da regulamentación vixente en materia educativa.
Unha vez foi aprobada a Modificación Puntual en setembro de 2011 e asinado en abril deste mesmo ano o convenio de colaboración entre a consellería de Educación, a Diputación provincial e o Concello para dotar ao centro escolar das instalacións necesarias en cumprimento coa normativa actual- e poder cumprir así coas necesidades mínimas das aulas de Educación Infantil que na actualidade son insuficientes para os alumnos existentes e están ubicadas na planta soto do centro escolar- o Concello levou a cabo a redacción do proxecto de expropiación aprobado no día de hoxe para cumprir cos trámites necesarios e poder iniciar os traballos de construcción do aulario.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares