Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As nenas de rítmica dan conta do seu excelente estado de forma e acadan primeiros postos nas últimas competicións
21 xuño 2012 12:03
O Concello prepara unha recepción oficial ás ximnastas do clube Esquío Ares polos excelentes resultados acadados durante toda a tempada

O clube de ximnasia rítmica “Esquío-Ares” ven amosando que se atopa nun excelente estado de forma, e boa proba diso é os resultados acadados durante as competicións celebradas ao longo da tempada, como sucedeu a fin de semana pasada no memorial Antonio Prada de Ourense, que puxo en xogo o Galego de promoción individual e de conxuntos. Así, as ximnastas de rítmica acadaron unha fantástica actuación que levou ás deportistas aresanas a ocupar os primeiros postos tanto neste coma noutras importantes competicións.
Deste xeito, na categoría benxamín as ximnastas Carla Vilasánchez Fernández e Lidia Díaz Martínez acadaron a primeira posición en nivel promoción no campionato Provincial e Galego. En alevíns subiron ao primeiro posto do podio Marta Cepero Mosquera, Carla López Rodríguez, Icía Bermúdez Fornos e Andrea Riveiro Romero; acadando a ximnasta Clara Fernández Sordo a primeira posición na categoría escolar do campionato Provincial e o cuarto posto no Galego.
Pero non só as victorias das deportistas se reducen estes resultados, senón que ademais todas elas durante toda a tempada e nos distintos torneos celebrados por toda Galicia acadaron sempre os primeiros postos.
Por este motivo, o Concello de Ares está preparando unha recepción oficial ás nenas, que se desenvolverá o vindeiro día 27 de xuño no salón de plenos municipal e será presidida polo alcalde, nun acto homenaxe da corporación en representación de tódolos aresáns como sinal do agradecemento e orgullo polo esforzo e os triunfos acadados polas deportistas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares