Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 30 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A cidade deportiva de Pedrós incrementa a súa oferta coa inauguración das dúas pistas de pádel
11 xuño 2012 10:15
A intervención, que foi inaugurada hoxe de forma oficial, contou coa aportación da Diputación de preto de 90.000 euros

O goberno local vén de cumprir outro dos seus compromisos, unha vez que hoxe foron inuaguradas as dúas pistas de pádel da cidade deportiva de O Franco, en Pedrós. Esta actuación, coa que se incrementa a oferta existente ata o de agora- un campo de fútbol 7 con vestiarios, accesos e aparcadoiro, que se fixeron con cargo ao Plan E do goberno central no que foi a primeira fase da cidade deportiva-, foi executada pola empresa Concifa e contou coa apotación de preto de 90.000 euros da Diputación Provincial grazas ao convenio de colaboración asinado polo alcalde, Julio Iglesias, cando o tamén socialista Salvador Fernández Moreda presidía esta institución.
As dúas pistas de pádel están adosadas polo lateral e pavimentadas con céspede articifial, incluindo un sistema de alumeado que permite a súa utilización ao longo de toda a xornada.
O programa inaugural das instalacións celebrado hoxe arrancou coa apertura das portas por parte de membros do equipo de goberno co edil de Deportes ao fronte, José Juan Vilar, o que deu paso a un partido de exhibición a cargo de catro coñecidos xogadores galegos da especialidade, quenes recibiron de mans dos respresentantes municipais un pequeño agasallo como sinal de agradecemento pola súa presenza no acto.

Dada a demanda que ditas pistas teñen, o Concello estivo desenvolvendo ao longo das fins de semana de maio, un programa de promoción e coñecemento do pádel que permitiu a máis de 200 veciños e veciñas de Ares e arredores, probar as pistas así como practicar xunto cun monitor este deporte que ata o de agora non dispoñía no Concello de Ares de oferta pública, ao existir tan só unhas pistas no Club de Tenis de Redes ás que só poden acceder os seus socios.
Deste xeito, a partir do luns día 11 de xuño, poderase alugar pista, así como inscribirse a algún dos grupos de clases, xa sexa en niveis de inciación ou perfeccionamento. As citadas instalacións abrirán as súas portas ás 9 da mañá e pecharán as 22,30 horas, de luns a domingos, sendo o único requisito solicitar pista de alugueiro ou asistencia a clases nas dependencias administrativas do servizo municipal de deportes, ubicadas no pavillón deportivo municipal de Ares, polas mañás de 9,30 a 13 horas e polo serán de 16,30 a 20,30 horas (nos meses de xuño, xullo e agosto aberto de luns a venres, e o resto do ano de luns a domingo).
O primeiro aluguer é preciso cumprimentar un impreso de aboado ás pistas que non ten custe para os empadroados en Ares, mentras que para os non empadroados será preciso aboar nun único pago anual a cantidade de 25 euros, para xa deste xeito poder alugar pista en idénticas condicións cos veciños e veciñas de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares