Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 05 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde recibe a confirmación da conselleira de Sanidade da licitación do centro de saúde
11 xuño 2012 10:13
Julio Iglesias recibiu esta mañá na reunión mantida con Rocío Mosquera a confirmación da construcción do centro de saúde na parcela proposta dende sempre polo actual grupo de goberno

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, desprazouse esta mañá á Coruña para manter unha reunión coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, quen no transcurso da mesma anunciou ao rexedor socialista o compromiso de licitación das obras do centro de saúde en próximas datas, o que supón construcción do inmoble no exercicio de 2013. O prazo de execución dos traballos é de once meses, cun orzamento de licitación que ascende a 2.263.000 euros.
Este anuncio ven en confirmar a execución dunha infraestrutura prioritaria para os veciños e veciñas de Ares nunha parcela anexa ao actual centro de saúde que foi cedida polo Concello á Xunta para poder levar a cabo a obra. Trátase, tal e como recordou o alcalde, da ubicación que reclamou dende sempre tanto a cidadanía como o equipo de goberno, e fora rexeitada polo grupo popular de Manuel Cendán, quen defendeu o seu traslado a unha zona rural alonxada do caso urbano, en Pedrós, lugar onde os responsables municipais impulsaron a construcción dunha cidade deportiva.
Así, tras a cumprimento por parte do Concello de tódolos trámites en tempo e forma esixidos pola Consellería e o retraso sufrido no compromiso que xa fora anunciado hai máis dun ano pola anterior titular do departamento, as obras poderán ser licitadas no prazo aproximado dun mes.
A actuación proxectada suporá a modernización do actual centro de saúde, xa que multiplicará por dous o espazo de pranta –son as dúas parcelas- e por otros dous de alzado. O proxecto básico contempla, ademais, soto, baixo, primeiro andar e baixocuberta- ata o de agora ten baixo e primeiro andar-.
Os beneficios non só redundarán no espazo senón tamén na mellora da prestación dos servizos sanitarios con habilitación de salas de espera, administración, arquivo, cinco salas de consulta, pedriatría –separada do resto das consultas- e área materno-infantil ou ciruxía ambulatoria, pensando nas necesidades actuais dun municipio que veu incremantada notablemente a súa poboación nos últimos anos.
O alcalde amosou a súa satisfacción por esta nova e subliñou que agarda que este compromiso da administración autonómica se cumpra, e non como sucederá co anuncio que en setembro de 2010 lle fixera a anterior titular do departamento de Sanidade, Pilar Farjas, de licitación das obras ese mesmo ano, polo que confía en que nesta ocasión a Xunta cumpra definitivamente coa execución dunha infraestrutura prioritaria para o municipio pola que dende hai tanto tempo se leva loitando.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares