Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 04 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A concellaría de Cultura convoca o I concurso de pintura infantil e xuvenil "Pintares"
11 xuño 2012 10:08
Alba Uceira e Olalla Pena resultaron as gañadoras do concurso, no que tamén foron premiados os locais Óscar Fernández Allegue e Andrea García Allegue

O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, fixo entrega esta tarde dos premios do I Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil “Pintares” nun acto que tivo lugar na Casa da Xuventude e ao que acudiron as autoridades locais e os galardoados.
Tras a reunión do xurado integrado polo propio edil, a pintora Loli Fernández e o licenciado en Bellas Artes Jaime Sotelo, foi a fenesa Alba Uceira Rodríguez coa obra “Árboles perdidos” quen resultou a vencedora do certamen na categoría de 0 a 12 anos, polo que no acto de hoxe recibiu un premio consistente en material de pintura por importe de 200 euros. O premio para o mellor pintor local dentro desta categoría foi para Óscar Fernández Allegue, pola obra “El gigante de la era de los dinosaurios”, ao que lle foi entregado material por valor de 150 euros. Con respecto á segunda, para rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, o primeiro premio foi para a mugardesa Olalla Pena Varela coa obra “Os campos de flores”, quen foi premiada cun lote de material de pintura valorado en 250 euros. Andrea García Allegue por “Era volcánica” recibiu o galardón de mellor pintor local e un premio por valor de 200 euros no mesmo concepto.
Fernández Lago destacou o número de obras que concurriron a este concurso que este ano celebrou a súa primeira edición, unha cifra superior ás 30 e, o que é máis importante, o elevado nivel de case todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.
A entrega de premios de hoxe serviu ademais para inaugurar a exposición de cadros presentados ao certame, que poderá visitarse na Casa da Xuventude de luns a xoves, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00, e os venres de 09.00 a 14.30 horas, ata o 22 de xuño.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares