Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Iglesias incide na necesidade de esforzarse no eido educacional para acabar coa violencia de xénero e as desigualdades entre homes e mulleres
11 xuño 2012 10:04
O alcalde de Ares inaugurou hoxe as V Xornadas sobre a violencia de xénero

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado por Jorge García Marín, profesor do departamento de Socioloxía da USC e a axente de igualdade Eva Latorre Porto, foi o encargado de inaugurar esta mañá as V Xornadas sobre a violencia de xénero “Onde a igualdade comeza, a violencia remata”, promovidas polo Concello de Ares e que se desenvolverán entre hoxe e mañá no mosteiro de Santa Catalina.
O rexedor socialista dirixiuse ás persoas que durante estes dous días participarán na iniciativa da concellaría de Servizos Sociais, a través do CIM- e que contará nas dúas xornadas coa presenza da edil da área, Victoria Montenegro, e do seu equipo técnico- para facer unha exposición centrada nos avances xurídicos dos anos 80- Código Civil e Penal- que racharon coas graves desigualdades entre homes e mulleres, como eran, segundo citou, a patria potestade para os pais, a cesión dunha dote por parte dos pais da muller para que o seu marido a administrase, a inexistencia da violación no eido do matrimonio, a licenza marital necesaria para que unha muller poidera exercer algunha actividade profesional ou a perda da nacionalidade española se unha muller casaba cun extranxeiro.
Todo isto, dixo, quedou no esquecemento no ano 81 pero, engadiu, a pesar dos avances queda un longo camiño por percorrer para mudar as mentalidades, indicando que “a violencia de xénero segue a ser un drama que hai que erradicar e que, aínda que a tolerancia cero está asentada en moitos ámbitos, algo segue fallando”. Neste sentido destacou a importancia de enfatizar esforzos no eido educacional no que, a pesar dos avances, aínda quedan moitas asignaturas pendentes.
Ademais, subliñou que agarda que estas xornadas servirán de axuda nesta loita e destacou o elevado nivel das ponencias e dos seus relatores, así como o magnífico entorno no que se desenvolverán as xornadas.
Ao londo destes días, destacados profesionais vencellados de diferentes xeitos á violencia de xénero e a súa loita, procedentes de diversos puntos de España, levarán a cabo ponencias e debates -incluso haberá representacións teatrais e obradoiros- que, coma en anos anteiores, despertaron o interese de moitos técnicos e estudantes. Estes últimos recibirán, ademais do diploma, un crédito de libre configuración da UDC.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares