Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 01 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Alba Uceira e Olalla Pena gañan a primeira edición do Concurso Infantil de Pintura Pintares
07 xuño 2012 13:02
A Casa da Xuventude acolle dende mañá unha mostra coas obras presentadas ao concurso, no que tamén resultaron premiados os locais Óscar Fernández Allegue e Andrea García Allegue

O concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández, informou esta mañá do fallo do I Concurso de Pintura Infantil Pintares, reunido na Alianza Aresana durante varias horas na tarde de onte e integrado polo propio edil, a pintora Loli Fernández e o licenciado en Bellas Artes e profesor da escola municipal de pintura Jaime Sotelo.
Finalmente, a fenesa Alba Uceira Rodríguez coa obra “Árboles perdidos” foi a vencedora do certamen na categoría de 0 a 12 anos, polo que recibirá un premio consistente en material de pintura por importe de 200 euros. O premio para o mellor pintor local dentro desta categoría foi para Óscar Fernández Allegue, pola obra “El gigante de la era de los dinosaurios”, quen recibirá material por valor de 150 euros. Con respecto á segunda, para rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, o primeiro premio foi para a mugardesa Olalla Pena Varela coa obra “Os campos de flores”, quen será premiada cun lote de material de pintura valorado en 250 euros. Andrea García Allegue por “Era volcánica”recibirá o galardón de mellor pintor local e un premio por valor de 200 euros no mesmo concepto.
Fernández Lago destacou o número de obras que concurriron a este concurso que este ano celebrou a súa primeira edición, unha cifra superior ás 30 e, o que é máis importante, o elevado nivel de case todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.
Os premios serán entregados mañá na Casa da Xuventude, nun acto ao que acudirán as autoridades locais e os galardoados a partir das oito da tarde. Ademáis, dende mañá mesmo (venres) inaugurarase a exposición de cadros presentados ao certame, que poderá visitarse de luns a xoves, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00, e os venres de 09.00 a 14.30 horas, ata o 22 de xuño.

Noutra orde de cousas, co galo da confección das Alfombras Florais e demáis actos previstos para a celebración do Corpus os días 9 e 10 de xuño, o edil de Cultura, Eugenio Fernández, quere animar a tódolos veciños e veciñas de Ares e da comarca a participar na elaboración das Alfombras, así como agradecer públicamente á Asociación de Alfombras de Ares pola súa inestimable labor, sen a cal esta fonda tradición non sería posible.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares