Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O mosteiro de Santa Catalina acollerá a quinta edición das Xornadas sobre a Violencia de Xénero
25 Maio 2012 14:01
A iniciativa, que organiza a Concellaría de Servizos Sociais, desenvolverase os días 7 e 8 de xuño e contará coa participación de importantes profesionais neste eido a nivel autonómico e nacional

A Concellaría de Servizos Sociais, que dirixe a socialista Victoria Montenegro, a través do CIM (Centro de Información á Muller), e coa coordinación de Edesga e a colaboración da Deputación, organiza a que será quinta edición das Xornadas sobre a violencia de xénero, que nesta ocasión levan o título “Onde a igualdade comeza, a violencia remata”. Como o ano anterior, a iniciativa desenvolverase no mosteiro de Santa Catalina durante os días 7 e 8 de xuño, e as persoas que estean interesadas en acudir –a participación supón a obtención dun crédito de libre configuración da Universidade da Coruña- deberán inscribirse no correo electrónico xornadas.ares@gmail.com, por correo postal á rúa Monte das Moas, 15, Local 4. C.P. 15009, A Coruña, ou no teléfono/fax 881 927 901. Nos Servizos Sociais do Concello facilitarase, así mesmo, información sobre estas xornadas, así como os dípticos co formulario que hai que presentar cuberto.

En total, ofrécense cen prazas, que se cubrirán por rigurosa orde de inscripción. Ademais, habilitarase durante os dous días de conferencias e mesas redondas un espazo de atención á infancia para os fillos de 3 e 12 anos daquelas persoas que estean inscritas nas xornadas e queiran facer uso deste servizo que se ofrece para facilitar a participación.

O programa, que abordará diferentes cuestións vencelladas coa violencia de xénero e contará con algúns dos mellores profesionais a nivel galego e incluso nacional, comezará o día 7 de xuño (xoves) ás 09.30, coa recollida das acreditacións e documentación dos participantes. Media hora máis tarde, levarase a cabo o acto de inauguración, que correrá a cargo do alcalde de Ares, Julio Iglesias. A primeira mesa redonda, prevista para as 10.30, que levará o título “Prevención da violencia de xénero dende a adolescencia”, intervirán Jorge García Marín, profesor do departamento de Socioloxía da USC, e a axente de igualdade Eva Latorre Porto. Despois dun descanso, Rita Radl Philip, profesora de Socioloxía da USC, pronunciará unha conferencia sobre o “O feminismo ante a violencia de xénero”; charla que precederá á pausa para o xantar.

A xornada de tarde iniciarase ás 16.00 horas, cunha conferencia na que a coordinadora autonómica de violencia de xénero e saúde no Servizo Galego de Saúde, María Isabel Graña Garrido, e a directora do CIM do Concello de Ferrol, Dolores Cervera Vázquez, falarán sobre os “Protocolos de intervención contra a violencia de xénero”. O día rematará co video-forum de participación que moderará Natalia Domínguez Galán, educadora, pedagoga e experta en igualdade, e que se titulará “Formas de violencia de xénero”.
Tamén ás 10.00 comezará a segunda e derradeira xornada sobre violencia de xénero do Concello de Ares. O psicólogo do máster en Igualdade de Oportunidades e Xénero e membro do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Juan Carlos Prados Moreno será o encargado de pronunciar a primeira conferencia, na que se afondará sobre a intervención psicolóxica con vítimas de violencia de xénero.

A continuación, e despois dunha breve pausa de media hora, desenvolverase unha charla, a de “Recuperación da autoestima: Testimonios de superación” a cargo de Antonia Avalos Torres da Fundación Ana Bella.
Xa pola tarde, desenvolverase a cargo de EDESGA un obradoiro de reflexión, na que cada participante será fotografiado e gravado en vídeo dando a súa opinión sobre as xornadas e a violencia de xénero, intervencións que serán utilizadas para facer un montaxe de vídeo que será entregado como agasallo aos participantes ao remate das xornadas.

Despois desta interesante actividade de participación e reflexión, a orientadora escolar da Consellería de Educación María Luisa Abad Abad realizará unha intervención sobre “Xogos e Xoguetes para coeducar”, para rematar a xornada cun monólogo, “Mulleres de Palabra”, que porá en escea Charo Pita Villares.

A deputada autonómica e secretaria de organización da agrupación ferrolán do PsdG-PSOE, Beatriz Sestayo Doce, será a encargada de presidir o acto de clausura e a entrega de diplomas aos participantes nesta iniciativa, que en edicións anteriores obtivo un máis que destacado éxito, e que este vai no mesmo camiño, posto que ata o momento xa hai rexistradas numerosas inscripcións.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares