Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares presenta o campus de verán de fútbol do Celta de Vigo
18 Maio 2012 09:58
A iniciativa desenvolverase durante o mes de xullo e os pais e nais dos rapaces interesados xa poden formalizar a súa inscripción

O Concello de Ares presentou esta mañá en rolda de prensa o campus que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo, por terceiro ano consecutivo, durante o mes de xullo no campo municipal de Prados Vellos. Os nenos e nenas de 4 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa nas edicións anteriores cosechou un importante éxito de participación e que nesta terceira desenvolverase entre os días 16 e 21 de xullo, en horario matinal.

Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento do Celta de Vigo e participará durante seis días nunhas xornadas nas que poderá mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade, xogando e divertíndose tendo o balón como elemento común. En cada xornada os nenos/as recibirán a media mañá un tentempé.

O prezo é de 160 euros para os participantes de fóra de Ares e de 120 para os empadroados neste municipio, xogadores das categorías inferiores do Numancia SDR, ou aboados ao Celta de Vigo e/ou a Fundación. Ao igual que en anos anteriores, contémplanse deduccións para inscripcións familiares, de xeito de que, no caso de que participen varios irmáns, sexan ou non de Ares, terán a maiores un desconto. As inscipcións deberán formalizarse no teléfono 902 104 404 ou na dirección www.fundacioncelta.com.

A presentación celebrada está mañá no consistorio aresán, na que estiveron presentes o alcalde, Julio Iglesias, e o edil de Deportes, José Juan Vilar, xunto con directivos da Fundación do Celta de Vigo e representantes do Numancia SDR, serviu ademáis para anunciar o compromiso de participación, por parte do club olívico, da categoría B do Celta na XXV edición do Torneo de fútbol Concello de Ares.


Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares