Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O club de moteiros da Terra Meiga e a Asociación de Hostaleiros de Ares organizan unha concentración esta fin de semana
15 Maio 2012 15:02
O club aresán de Moteiros da Terra Meiga xunto coa a
Asociación de Hostaleiros de Ares, Asemares, organizan unha concentración moteira esta fin de semana. A actividade, na que colabora o Concello, terá como escenario principal as inmediacións do Parque Rosalía de Ares, onde se instalará unha carpa, e se realizarán numerosas actividades durante toda a xornada do sábado, día 19, as cales se prolongarán ata a despedida deste evento o domingo pola mañá.

Todos aqueles que desexen participar poden inscribirse o sábado, a partir das 14.00 horas, na carpa instalada no Parque Rosalía (na que se acollerá unha exposición de motos) por un prezo de 20 euros, que inclúe, ademáis da cena e dunha camiseta, consumicións nos locais hostaleiros pertencentes á asociación.

Unha vez reunidos tódolos moteiros no lugar da concentración, levarase a cabo, ás 17.30 horas, unha ruta trurística polo municipio, facendo un percorrido polos lugares máis emblemáticos como pode ser o Mosteiro de Santa Catalina. Á chegada ao punto de partida, sobre as 19.30 horas, está prevista unha exibición acrobática a cargo do recoñecido moteiro portugués Jaque Stunt. Pola noite, ás 22.00 horas, celebrarase unha cena con tódolos participantes, despois da cal haberá unha sesión musical a cargo dun disk jockey.

Nas inmediacións da carpa, o Concello habilitou unha zona de acampada para que todos os que desexen poidan pasar a noite, poidendo disfrutar os que o fagan dun almorzo en grupo de despedida o domingo pola mañá.

DISPOSITIVO DE TRÁFICO ESPECIAL
Co fin de facilitar o normal desenvolvemento dos actos programados, dende o Concello de Ares adoptáronse una serie de medidas especiais relacionadas co estacionamento e o tráfico rodado por algunhas das rúas da vila. Así, a partir das 10.00 horas do sábado, día 19, e ata as 12.00 horas do domingo día 20, quedarán pechados ao tráfico e prohibirase o estacionamento de vehículos no treito da Avenida Saavedra Meneses que vai desde o cruce de “Novagalicia Banco” ata o cruce do “Bitákora”; e na rúa Salazón, dende a Avenida Saavedra Meneses ata o cruce co “Bar A Ría” (R/ Xuncal).

Dende a Policía local de Ares informan aos residentes nestas zonas que teñan garaxes que poderán, en todo momento, acceder e sair dos mesmos, adoptando as medidas de precaución necesarias e seguindo as indicacións que, desde a Policía Local, Protección Civil ou do persoal da organización debidamente acreditado se lle fagan.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares